Dinámica de grupo: A silueta


5

Unha das miñas prioridades ao comezo do curso foi a preparación do meu grupo de cinco anos para o posterior comezo do traballo cooperativo. Ademáis, como sucede en moitas aulas, vín a necesidade imperiosa de traballar a cohesión do grupo clase ao observar a dificultade dalgúns peques á hora de xogar xuntos e de integrarse co resto de nen@s.

e

q

Como xa expliquei nunha entrada ao principio do curso (AQUÍ) propúxenme levar a cabo un número de dinámicas de grupo para favorecer a interrelación, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do grupo.

y

Hoxe falareivos dunha dinámica chamada A Silueta. Esta consiste en debuxar o contorno ou perfil dos nen@s (en infantil faino o profe), eles o colorean e decoran (pegar os marcos). Despois cólganse na parede as siluetas, utilizando celo ou chinchetas rodeando a clase ou no corredor.  Despois disto,  todos os nen@s da clase escribirán algo positivo e bonito ou simpático sobre cada un dos seus compañeir@s. Eu adapteino e cada nen@ escribiu a quen lle apeteceu, alentando a tod@s para que ningún compañeir@ quedase sen a súas palabras bonitas. Antes de facer esta actividade, durante os meses de setembro e outubro, todos os días na asemblea os meus nen@s lle dedicaron palabras bonitas ao encargad@ en preparación desta actividade.

1

3

O obxectivo fundamental desta dinámica é actuar sobre a autoestima individual de cada nen@ e sobre a do grupo, buscando a cohesión deste e o sentimento de pertenza ao mesmo. Eu ademáis o utilizo para o reforzo de conductas positivas. Agardo que vos guste.

6

7

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *