Crear propostas para o recuncho de mates


5

Hoxe quero compartir con vós, parte do novo material que estou a preparar para encher o meu recuncho de lóxica matemática de propostas de actividades motivadoras, manipulativas e axeitadas ás necesidades dos meus peques.

O primeiro deles é un taboleiro para traballar a suma baseado no “Tablero de la Suma Montessori”. Con este taboleiro trabállase a suma dun xeito moi manipulativo e visual.  Situamos cada xogo de barras a cada lado do taboleiro. Adóitase utilizar o azul á esquerda e o vermello á dereita. O taboleiro da suma de Montessori podedes atopalo en madeira á venta en diferentes páxinas de internet.

Podedes utilizalo a modo de “calculadora” para resolver sumas ou usar o minilibro de sumas (preme) que atopei na páxina Creciendo con Montessori (preme).

4

TABOLEIRO-SUMA (ODG) xogo_suma
TABOLEIRO-SUMA (PDF) xogo_suma

4

O outro material que está a causar furor estes días na miña clase é este xogo de formas que atopei en Pinterest. É moi doado de elaborar polo mestre/a e aos peques lles gusta moito. Con este material, os nenos aprenden as formas colocando ao redor de cada figura uns listóns de madeira. Ademáis de reforzar este concepto básico, contan o número de lados que ten cada figura. A actividade traballa as seguintes formas: triángulo, cadro, rectángulo, pentágono, hexágono e octómetro. Premede nos vínculos e descargade as plantillas. Os depresores de cores podedes atopalos en librarías ou en bazares.

3

XOGO-FORMAS (ODG) formas

XOGO-FORMAS (PDF) formas

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *