Ensinar valentía ás nenas, non perfección


Reshma Saujani speaks at TED2016 - Dream, February 15-19, 2016, Vancouver Convention Center, Vancouver, Canada. Photo: Bret Hartman / TED

O venres é o Día Internacional contra a violencia de xénero. Esta semana nos colexios falamos sobre o tema, preparamos actividades, charlas, vídeos… e por unhas horas falamos e denunciamos este problema. Aínda que o facemos o mellor que sabemos, non é suficiente. Pasa o mesmo co Día da Paz. Esa semana de xaneiro pintamos pombas, facemos murais, falamos da non violencia pero, e o resto do ano? Falar un día das emocións non é facer educación emocional e falar un día da violencia de xenero non é traballar a prol da coeducación.

Reshma Saujani  é fundadora da ONG “Girls who Code” e neste vídeo propón ensinar valentía ás nenas en troques de perfección, e a estar cómodas dentro da propia imperfección humana. Esta avogada americana expón de que xeito educamos aos varóns para asumir riscos mentras que ás nenas as educamos para evitar os riscos e o fracaso. Educamos nenas perfectas e nenos valentes.

Ao mellor é un comezo e un mundo diferente é posible si ensinamos a nenos e nenas a ser o que queiran ser, fóra dos roles sociais. Levo tempo fixándome no caso contrario, os homes estamos obligados a ser valentes e a non expresar nin os nosos medos nin as nosas emocións “los chicos no lloran” e somos poucos os que desempeñamos “traballos de mulleres”. Apoiar e valorar ás novas masculinidades e educar ás novas xeracións de homes para ver ás mulleres como os seus iguais. Apoiar estas novas masculinidades, como digo, é na miña opinión, tamén parte da solución.

Agardo que vos guste o vídeo!!!

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *