Contos para traballar a coeducación


rosa-caramelo_c

A semana pasada celebrouse nas escolas o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Pero como dixen na entrada que publiquei a semana pasada (PREME AQUÍ), a igualdade entre homes e mulleres debe ser un eixe transversal ao longo de todo o curso (como a educación emocional ou a educación ambiental) e non cousa dun só día. Por iso, fixen unha revisión pola rede e pregunteille a compañeiras do cole e xuntamos esta listiña de contos que traballan a coeducación. De seguido paso a falarvos un chisquiño de cada un deles:

ROSA CARAMELO

Este conto foi escrito por Adela Turín, historiadora da arte e escritora italia na. Podemos atopalo publicado por Kalandraka. Rosa Caramelo é a historia dunha elefante obrigada pola súa “sociedade” a ser igual que as demáis e a non sairse do guión establecido.

LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS

princesa_pedo

Escrito polo escritor Ilan Brenman narra a historia da pequena Laura a quen lle xurdiu unha dúbida moi importante despois dunha longa discusión na clase sobre Cincenta. O seu amigo Marcelo confesou que a famosa e delicada princesa tirábase peidos. O pai de Laura, a quen lle gustan os libros e as boas historias, posúe o libro segredo das princesas onde Laura atopará as respostas a todas as súas preguntas.

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?

princesa_rosa

Este conto foi escrito por Raquel Díaz Reguera e publicado por THULE edicións no 2010. De todos, é o único que coñecía e teño na clase dende o ano pasado. Carlota era unha princesa rosa. Co seu vestido rosa e o seu armario cheo de roupa rosa. Mais  Carlota estaba farta do rosa e de ser unha princesa. Quería vestir doutras cores e preguntábase por qué non había princesas que surcaran os mares en busca de aventuras ou princesas que rescatasen príncipes ou princesas cazadoras de dragóns.

 

Arturo y Clementina

arturo_clementinaEscrito por Adela Turín e ilustrado por Nella Bosnia podedes atopalo publicado por Kalandraka. Arturo e Clementina están casados. Clementina ten moitos soños e gran parte quixo facelos xunto a Arturo, en especial viaxar e coñecer mundo. Arturo, nun principio asentía cun sorriso, mais unha vez casados  decidiu que non era necesario que Clementina viaxara a ningún lado e que mellor estaba quedando na casa. Él sairía por ela e lle traería agasallos. O resto do conto non o desvelo.

EL TESORO DE LILITH

eltesorodelilith1-300x300

Para finalizar esta listaxe, cecais o xoia da coroa, “El tesoro de Lilith” que fala sobre a sexualidade, o pracer e o ciclo menstrual. Este conto non é axeitado para os nosos peques de infantil pero é unha maravillosa guía para as nenas. Inxenioso, poético e bonito. Un conto que destapa temas tabú, realzaos e mostra a súa cara máis tenra e beneficiosa.

Por certo, Lilith é un nome bíblico. Segundo unha interpretación da xénese, Lilith foi a primeira muller de Adán, feitos os dous a imaxe de deus. Mais tarde, Lilith abandonou ao seu marido e marchou do Edén. Ante esta situación, deus creou a Eva dunha costela de Adán. Eva fixo pecar ao seu marido dándolle unha mazá da árbore prohibida. Haberá libro máis machista que a biblia?

Agardo que esta listaxe vos sexa de axuda. Sen dúbida son contos fundamentais para traballar a igualdade de xénero na clase. Mais se vos fixades, todos eles están enfocados cara o sexo feminino e en moitos casos os varóns son presentados dun xeito maléfico e ata pexorativo.

A igualdade entre ambos sexos pasa por empoderar ás nenas pero tamén por permitir e ensinar unha nova masculinidade aos nenos. Futuros homes que respectarán ás súas mulleres e criarán en igualdade aos seus fill@s. Para cando contos de príncipes que teñen medo de morrer nas garras do dragón ou de nenos que non queren xogar ao fútbol?

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *