As seriacións


1

A seriación ou sucesión é unha operación mental imprescindible para que os nen@s cheguen á noción de número (ordinal e cardinal). Coa seriación establécese unha orde xerárquica, en moitas ocasións comézase polo tamaño, xa que é a característica máis doada de identificar neste tipo de exercicios.

Estamos rodeados de series dende o nacemento: a fila do cole, a serie numérica, o alfabeto… O traballo sobre seriacións en educación infantil úsase moitas veces por costume. Durante xeracións os nen@s ensartan “cuentas”. Por qué o facemos? Para desenvolver a motricidade fina? Seguimos preparando ás nenas para coser e aos nenos para ser artesáns do coiro? Está claro que non, a razón está no feito de adestrar aos nen@s na observación da organización no espacio dun número de obxectos, as súas posicións e a orde de sucesión dos termos da serie. O nen@ que non domina o concepto de seriación, difícilmente poderá consolidar  o concepto de número.

Por todo isto, hoxe quero compartir con vós algunhas ideas para traballar a seriación previamente ás fichas típicas que podemos atopar a miles na rede ou nos métodos. Os mestre/as de educación infantil temos que recordar que primeiro traballamos a nivel manipulativo e sensorial e logo a nivel abstracto (fichas).

ACTIVIDADES DO DÍA A DÍA

  1. Cando facemos fila para baixar ao patio: “hoxe neno-nena, ou neno-neno-nena”
  2. Cando se sentan na asemblea: “nena-nena-neno”
  3. Na decoración dunha tarta.

XOGOS

  1. Memorizar unha rima ou unha canción (dende un punto de vista matemático, unha canción, melodía ou poema representan series finitas sonoras, verbais ou cantadas, ás veces repetitivas. Un exemplo claro é a canción “A mí burro, a mí burro”
  2. Sucesións xestuais: palmada-salto ou sacar lingua-pechar ollos.
  3. Seriacións sonoras: pandereta-maraca (é importante que non vexan o instrumento, só escoitar o son)

MATERIAL DIDÁCTICO

Ademáis de todo o material que atopamos nos colexios tipo ensartables, a rede está chea de ideas para preparar novos materiais. De seguido déixovos dous materiais que preparei para os meus peques de Covas. Preme nos arquivos se queres probalos na túa aula.

3

2

FORMATO ODT: series

FORMATO PDF: series

r

w

q

FORMATO ODT: mano_serie

FORMATO PDF: mano_serie

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *