Libertad e límites. Amor e respecto 2


limites

Unha das primeiras cousas que precisei cando comecei como docente foi a xestión das normas e dos límites dentro da aula. A experiencia adquirida co tempo, as experiencias vividas como neno (o que fixeron os meus maiores para educarme), os consellos doutros mestre/as e a bibliografía ao respecto fixeron que pouco a pouco fora tendo unha idea do asunto. Aínda así, sempre teño a sensación de non facelo ben de todo e de non saber xestionar certas conductas dalgúns nen@s e en ocasión da clase enteira.

É por iso que merquei “Libertad y límites. Amor y respeto (Lo que los niños necesitan de nosotros)” de Rebeca Wild (preme) e publicado pola editorial Herder. Leo moitos libros de educación (hai tempadas que nin miro para eles) e este sí que merece a pena. Faríalle un flaco favor ao libro si vos fixese un resumo e de seguro que na web atopades información de maior calidade. Pero hoxe necesito reflexionar en alto o que me sucedeu lendo este libro. Ao mellor a alguén dos que recaledes nesta illa pensades o mesmo ou diferente, iso da igual, o importante é reflexionar sobre o que sucede na nosa sociedade.

Vou ao caso. Primeiros días de xaneiro, a tope cos encargos navideños, agardo a Noa tomando unha caña ás nove da noite nunha cervexaría mentras intento ler algo deste libro que me ten enganchado. No capítulo titulado Libertad e límites, a autora fala sobre importancia de establecer poucas normas pero sí moi claras. Os límites segundo a autora establecémolos cun espacio axeitado ao nen@, para dentro del darlle liberdade. O nen@ aprende a ser libre pero dentro dun entorno e un horario axeitado á súa idade escollido polo adulto. No pinar da praia de Morouzos podes “ceibar” a un nen@ sen necesidade de moitos límites, é un lugar axeitado para el/a, pero na sección de louza do Corte Inglés a cousa cambia. Nesas estaba, pensando en como aplicar isto á miña aula cando escoito un choro non moi lonxe de mín. Varias parellas da miña idade tomando unhas cañas con dous “bebés” de escasos dous anos. Non subas aquí, non baixes de alá, deixa de chorar que molestas… e ao final chega a solución, o móbil. Os dous nen@s hipnotizados polos vídeos e os maiores ao seu: outra rolda!!!!

Aínda que a situación non era nova para mín, é certo que a estaba a ver con outros ollos. Hoxe en día moitos dos nosos alumn@s de educación infantil están tomando as cañas ás nove da noite, van ao cine na hora golfa (23:00), van de compras durante horas e asisten a comilonas eternas de café, copa e puro. Moitas empresas do sector do ocio viron a situación con tempo e hoxe en día moitos locais teñen parques de bolas, ofrecen prezos de desconto e alugan servizo de gardería.

Unha porcentaxe de nen@s de educación infantil, quero pensar que pequena, visitan lugares e en horarios que non son axeitados para eles. As familias frústranse polo comportamento dos nen@s e aparecen as broncas, os choros e as pataletas.

Chegados a este punto chegan as preguntas: que lugar debe ocupar a escola nesta situación? As familias queren aos seus fill@s, entón que provoca esta situación? o sentimento de culpa por pasar pouco tempo cos nen@s?

Debe un adulto cheo de amor polo seus fill@s estar en todo momento a disposición deles? Deberían os nen@s facer calquera cousa que queiran, recibir o que lles apetece, estar en todos os sitios para que non dubiden en ningún momento que son o  máis importante para os seus pais/nais?

Vivimos nunha sociededa cada vez máis complexa e eu penso coma Tonucci que esta sociedade, no máis fondo do seu ser, síntese culpable porque sabe que segue sen pensar nos máis pequenos.Frato-6


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Libertad e límites. Amor e respecto

  • Agostinho Pereira

    Adorei a reflexão, Basi. Esta sociedade não pensa em ninguém; pensa em coisas. Rouba-nos o tempo. Começamos a ter consciência disso e é bom.
    Felicito-te pelo teu empenho. Sempre atento e em busca do melhor. Professores como tu ajudam a mudar mentalidades. Pessoas que lutam no meio de tempestades.
    Heróis!

    • oprofebasi Autor

      Moitas grazas Agostinho!!!! Escoitar estas verbas dun gran mestre coma tí, non fai máis que darme forzas para continuar a labor que moitos mestres coma tí comezáchedes antes ca nós.
      Bicos a toda a familia!!!!