A mesa de luz


1

Non recordo en que momento coñecín este material pero a súa realización e as gañas de levala á aula dévollos á miña compañeira Bea, que me meteu o gusaniño no corpo e me contou, paso a paso, como facela eu na casa.

As mesas de luz están inspiradas no enfoque pedagóxico Reggio Emilia onde as utilizan nen@s dende o ano e medio. Reggio é unha experiencia educativa que naceu a mediados do século pasado no norte de Italia, nunha cidade chamada Reggio Emilia. Actualmente é recoñecida mundialmente como unha das mellores propostas educativas para a primeira infancia. O nen@ como protagonista, o docente como guía e posibilitador de experiencias, o espazo como un terceiro mestre e a colaboración das familias son os eixes fundamentais deste enfoque pedagóxico.

Pero, que é unha mesa de luz? Pois nada máis e nada menos que unha táboa translúcida que se ilumina. Hai moitos tipos, unhas son grandes, outras pequenas, unhas teñen patas e outras non, pero todas teñen un denominador común, todas teñen luz. Máis adiante, explicareivos como fixen a miña, pero na rede hai múltiples exemplos e titoriais para facelas. Déixovos un enlace con dez ideas (AQUÍ).
4
Este nadal construín unha mesa de luz con Noa e o meu afillado de cinco anos Nicolás. Comezamos pola mañá e antes de comer, sen apuros, xa estaba rematada. Despois de xogar un ratiño con ela recordo que pensei, fora das aplicacións educativas que ten, é tan divertida e esperta tanto a creatividade que só por iso xa ten sentido.
Antes de explicarvos paso a paso como fixen a mesa de luz, gustaría xustificar en “plan profe” os beneficios dunha mesa de luz na clase:
  • Xogo libre (comezo polo importante).
  • Traballo da parte artística e creativa do noso cerebro.
  • Gran recurso para traballar ciencia, matemáticas, xeometría…
  • Traballo da capacidade de observación, exploración e de atención.
  • Traballo da lectoescritura, creación de contos, mates, linguas…
  • Gran estímulo sensorial, potenciando a creación do que os expertos chaman espazos multisensoriais.

De seguido paso a enumerarvos o material que precisei para a súa construción:

  1. Unha mesa Latt de Ikea.
  2. Luces led. Eu merquei este modelo en amazon: Jago 3528RGB – Tiras de luces (300x LED, con 24 teclas de control remoto. (AQUÍ)
  3. Unha táboa de metacrilato branco translúcido (merqueino na cristalería do meu pobo)
  4. Pegamento rápido ou cola.

PASO 1:

Montas a estrutura da mesa seguindo as instrucións do fabricante sen insertar o panel que fai de táboa.

f

mesaPASO 2:

Si seguimos as instrucións orixinais, o panel que fai de táboa vai encaixado nun riel. Nós invertimos as posicións, a táboa vai debaixo clavada cunhas puntas pequenas á estructura. A táboa fará de soporte para colocar os led. Temos que deixar un dos laterais do rectángulo sen clavar (un dos lados longos). Máis adiante colocaremos dende ese lateral o metacrilato.

d

mesa2

Nas instrucións, a táboa encaixa no riel. Nós clavamos a táboa na estructura onde indica a flecha.

PASO 3:

Facémoslle un burato á táboa de madeira ao carón dunha das patas. A través do burato sairá o cable do alimentador dos led e o sensor do mando a distancia.

8

7

PASO 4:

Pegar ao lateral da mesa o alimentador dos led (eu utilicei cinta de doble cara grosa). Pegar os led facendo unha serpe. Unha vez colocados, reforzar os xiros con cola ou pegamento rápido. Comprobar a instalación antes de pechar a mesa.

led

PASO 5:

Separar o lateral da estrutura da mesa que deixamos sen puntas e insertar dende alí a lámina de metacrilato. Unha vez dentro, colocar de novo o lateral e poñer as puntas que faltaban. Xa temos mesa de luz!!!!

A mesa Latt trae ademáis dúas sillas que un superneno de cinco anos pode montar!!!

s

A mesa que vedes nas imaxes quedou en Lugo. Agora teño que atopar tempo para construir a miña que levarei á miña clase. Estou a preparar un recanto moi especial dentro da aula para colocala e que os meus peques de Covas podan disfrutala a tope. Crearei unha pestaña nova nesta páxina web onde colgarei actividades para facer coa mesa de luz.

Xa non hai escusas!!!! Na escola pública tamén podemos ter material creativo e divertido!!!!!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *