Proxecto Escornabot


escorna2

Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos. Na actualidade existen moitas opcións privativas de calidade e prestacións, pero Escornabot é algo especial xa que é un proxecto open hardware e software libre, o que ven a significar que é aberto á comunidade e a calquera (incluíndote a tí) que poda contribuir á súa evolución: novas funcionalidades, redeseño, documentación…

No meu centro estamos a participar nun seminario de formación organizado pola escola infantil San Roque. Nesta formación contamos cunha parte de formación sobre a montaxe e as opcións de programación que ofrece Escornabot e por outra banda, temos unha parte tamén teórica sobre aplicacións educativas e actividades. O resto de horas son de traballo en grupo e persoal.

Vouvos poñer un exemplo práctico de cómo facer dunhha ficha “chunga” algo máis interesante:

escorna3

escorna

Escornabot chegou en mal momento á miña vida. Entroido é mala época para facer algo que non sexa preparar disfraces. Aínda así nun ratiño, aproveitei para facer unha actividade deseñada e desenvolta polas compañeiras do San Roque: a utilización do Escornabot para sumar e restar. Como vedes na imaxe, o noso amigo colócase ao principio da serie numérica. Cada nen@ ou en parellas, acércanse ao robot e fan a suma: 3 (danlle tres veces ao botón de avance) máis 4 (dalle catro veces) e o robot fai a suma por eles. A verdade é que lles encanta e é xenial para inicialos na resta. Xa que pronto descobren que pode ir cara atrás e descontar pasos. Eu sempre traballei a suma como o acto de engadir obxectos (contar fabas, chapas…)  mais nunca pensara que sumar tamén pode ser avanzar no espazo.

Aínda que non imprescindible, para mín a introdución dun escornabot nunha aula de infantil é unha boa ferramenta para traballar dun xeito moi efectivo a orientación espacial, o desenvolvemento do pensamento abstracto, a lateralidade e a capacidade para solucionar problemas polo tipo de actividades que podemos plantexar con el. O meu centro invertiu neste material polo que conto cun escornabot para a miña clase, deste xeito prometo compartir máis ideas con todos vós.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *