Debuxar ao natural


h

Dende o inicio deste trimestre tiven a sorte de compartir moitas horas de clase e de conversación con Laura, alumna da facultadade de maxisterio de Santiago que fai as prácticas coa miña compañeira Silvia. Planificou un proxecto de arte baseado na figura da artista Frida Kalho coa que tanto eu como os meus pícaros aprendimos moito. Utilicei a propósito a palabra “planificar” e non “programar” porque son cousas moi distintas que esta xoven mestra ten moi claro. Póñovos como exemplo, a viaxe de semana santa:

PROGRAMAR: “Viaxe a Roma”

  1. Saída do voo o día 7 de abril ás 17:30
  2. Entrada no hotel ás 22:00
  3. Cea ás 22:20
  4. Almorzo ao día seguinte ás 8:15
  5. Xuntanza ás 9:30 na entrada do hotel
  6. Visita á Catedral ás 10:00
  7. Pequeno almorzo de 11:15 a 11:45
  8. Visita ao Coliseo de 12:15 a 13:30
  9. Para o resto de días mesmo sistema, todo está programado ata o milímetro incluso as visitas ao baño.

PLANIFICAR: “Viaxe a Roma”

  1. Saída do voo o día 7 de abril ás 17:30
  2. Facer a entrada no hotel (polo camiño atopamos un restaurante con pizzas caseiras para cear)
  3. SÁBADO: Almorzo e visita á Basílica de San Pedro (polo camiño parada nun mercado tradicional típico italiano polo que deixamos a visita á catedral para pola tarde)
  4. DOMINGO: Almorzo no hotel e visita ao Vaticano. Unha vez rematada, visita o Museo Nacional de Orfebrería (camiño do museo faláronnos dun xeadaría artesanal e como fai tanta calor decidimos deixar a visita do museo para outra ocasión.
  5. Para o resto de días, hai algunha visita planificada con tempos flexibles por si xurden experiencias alternativas interesantes.

O proxecto sobre Frida foi planificado e Laura soupo facer unha escoita activa dos nen@s e dos seus intereses. Deste xeito xurdiron actividades que non estaban no guión previo pero que sí cubrían as preguntas e desexos de aprendizaxe dos nen@s.

Hoxe quero falarvos de dúas actividades  realizadas dentro do proxecto de Frida Kalho. A relación da artista co autorretrato é clarísima de ahí que xurdira a idea de propoñerlles aos nen@s a realización de autorretratos.

w

e

DEBUXAR AO NATURAL

Outra proposta planificada foi a de facer un debuxo ao natural doutro compañeir@ pero dende diferentes perspectivas. A idea está inspirada nunha actividade vista no libro “Arte y creatividad en Reggio Emilia” de Vea Vecchi.

Propuxemos aos nen@s sentarse ao redor doutro compañeiro que facía de modelo e debuxalo. Cada grupo de nen@s partía dunha posición, e unha vez que remataban o debuxo, cambiaban de posición e polo tanto de punto de vista. Aínda que a situación é difícil a proposta non deixa de ser moi atractiva para ele/as.

Foi moi interesante ver como os nen@s non facían o típico debuxo aprendido co que solucionan este tipo de situacións, senón que realmente observaban ao modelo e debuxaban o que vían. Á hora de debuxar o perfil ou a espalda as solucións creativas foron moi diferentes: moitos nen@s quedaron petrificados sen saber que facer “como se pinta?“, outr@s o debuxaron como si o visen de frente e ahí xurdiu o debate… “Así no vale, desde aquí no le vemos lo ojos“. Dos adult@s só recibiron a indicación:  “Debuxa o que ves” “Seguro que o fas xenial” “Polo menos inténtao

1

2

3

4

5

6

Son só algúns exemplos nos que podemos apreciar cómo cada nen@ soluciona dun xeito distinto o debuxo do perfil e da parte posterior do corpo humano.

O DEBUXO INFANTIL

Para rematar, cinco cousiñas sobre o debuxo infantil.

  1. O debuxo é un medio de expresión libre e de creación persoal.
  2. Ao corrixir os debuxos dos nen@s, censuramos e impoñemos un xeito de ver e facer as cousas, frenando a súa capacidade creativa ao “impoñer” uns determinados modelos de debuxo (por exemplo cómo é unha casa, un árbol…)
  3. O nen@ debuxa dun xeito natural e exprésase a través dos debuxo sen necesidade de  cadernos ou fichas. Colorear (encher ocos) só mellora a motricidade fina. Debemos fomentar o debuxo libre.
  4. Debuxar é moi beneficioso: Estimula a  percepción, a creatividade, desenvolve a motricidade fina, a coordinación óculomanual, autonomía, mellora a atención e a concentración e sobre todo, é un medio de expresión a través do cal os nen@s canalizan moitas emocións.
  5. Debemos dar a posibilidade de experimentar con diferentes materiais e soportes.

Para rematar propóñovos un xogo. Collede papel e lápiz. Estades list@s? Facede os seguintes debuxos:

  • Sol
  • Árbol
  • Paxaro
  • Cruz
  • Bolboreta

Foi doado verdade? O voso papel ten esta pinta?

k

Sen embargo hai máis opcións, igual de sinxelas e coñecidas por tod@s nós!!!

j

Hai moitos xeitos de debuxar unha árbore, o sol, unha bolboreta… Non limitemos as fronteiras creativas dos nosos alumn@s e deixemos que eles só/as solucionen os seus propios retos.

 

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *