Empatía


k

Empatía do grego ἐμπαθής (emocionad@) é a capacidade cognitiva de percibir o que outro ser pode sentir. Tamén é descrita como un sentimento de participación afectiva dunha persoa cando se afecta a outra.

Un dos grandes descubrimentos que fixen ao longo da miña formación en traballo cooperativo foron as dinámicas de grupo. Neste curso propúxenme levar a cabo cinco dinámicas de grupo: dúas durante todo o curso: a pelota e a tela de araña e tres repartidas ao longo do curso, unha por trimestre:

  1. Primeiro trimestre: A SILUETA (preme)
  2. Segundo trimestre: A MALETA
  3. Terceiro trimestre: AS PÁXINAS AMARELAS

A maleta é unha dinámica de grupo que favorece a interrelación, o coñecemento mutuo e a distensión dentro do grupo. O seu funcionamento é moi simple, un nen@ leva unha maleta para casa, escolle tres ou catro obxectos representativos da súa personalidade: aficcións, habilidades, defectos, manías, amores, gustos… O día elixido trae os obxectos ao colexio e un por un, vainos sacando da maleta e explícallos a toda a clase.

A colaboración das familias é fundamental á hora de escoller certos obxectos, fotos, textos, contos, cancións… Creede que ás veces cando o nen@ abre a maleta e comeza a súa explicación é como asomarse por un só instante á vida dos meus nen@s, como si puidese mirar por un pequeno burato.

Este ano fotografiei todas e cada unha das maletas expostas polos nen@s. Con todo o material, farei unha pequena exposición no colexio. Outra idea podería ser facer un “Libro presentación” que pasaría dunha familia a outra para poder coñecer mellor aos demáis compañeir@s da  clase.

6

9

d

h

2

4

Ningún dos obxectos que vedes dentro das maletas está alí polo azar. Son obxectos escollidos por unha razón determinada, agasallos feitos por persoas importantes para os nen@s, obxectos ou xoguetes que levan con ele/as dende que naceron. Algúns están rotos ou son vellos pero son importantes para eles.

Comecei esta entrada falando de empatía. Si de verdade queremos trocar as cousas, comecemos por comprender aos demáis e por ensinarlle esta capacidade aos nosos alumn@s.

AMORE

AUGUSTO CURY

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *