Pareidolias


n

“Educar es ser un artesano de la personalidad, poeta de la inteligencia y un sembrador de ideas”

Augusto Cury

Son as 9:20 da mañá do venres 24 de abril. Amenceu soleado e todo facía presaxiar unha boa mañá. Por diante, tres horiñas cos meus peques ata o recreo e o deber de rematar o método de letras que herdei do curso pasado para envíalo ás casas antes de semana santa.

Mais ese día o destino, as fadas ou máis ben o tempo da costa lucense nos tiña gardada outra opción se tes os ollos e a mirada entrenada. Case co método na man, a piques de “torturar” aos pobres nen@s coa letra “LL”, comezou a chover e de seguido saíu o arco da vella. Profe!!!! El arco iris!!!! “Moi ben, imos á ventá a velo”. Como todo o belo e lindo na vida, o arco da vella esfumouse nun intre. Quedamos todos pamp@s mirando para aquela marabillosa mañá de case primaveira, cando de súpeto unha nena dixo: “esa nube tiene forma de caballo”.

Describir todo o proceso que seguiu á frase da miña alumna sería tedioso e moi aburrido, á vez que pouco significativo. Cecais, a síntese do ocorrido sería esta:

  1. Conversa ou diálogo sobre o tema.
  2. Confrontación de ideas: tod@s vedes o mesmo?
  3. Búsqueda de información na rede: PAREIDOLIAS
  4. Proposta de actividade.

PAREIDOLIA

Segundo a wikipedia é un fenómeno psicolóxico consistente en que un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibida erroneamente como unha forma recoñecible.

PROPOSTA DE ACTIVIDADE

  • Pegar algodón nun Din-A3 sen pensar en nada, sen buscar unha figura concreta.
  • Poñer en común as creacións e escribir debaixo o que vemos.

1

4

6

n

8

9

a

b

Coa actividade queda claro que cada mente é diferente e interpreta o que ve dun xeito distinto. Non todos pensamos igual, non todos vemos as cousas do mesmo xeito.

3

Ao final, o que ía ser unha mañá aburrida e pouco significativa “La llama llora sin su llave amarilla”, rematou nun arco da vella de significado, coñecementos e creatividade. Tamén tocou escribir, pero non unha frase ñoña, sen sentido e fóra de contexto. Tocou escribir debaixo da creación doutro compañeir@, a palabra que xurde na miña mente ao observar unha imaxe e dentro dunha actividade onde estamos implicados todos e cada un dos nen@s da clase.

2

 

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *