Ser un docente fascinante 2


Augusto_Cury

Fai un mes máis ou menos, coñecín a existencia de Augusto Cury: psiquiatra, psicoterapeuta e escritor brasileiro, autor de numerosos libros de psicopedagoxía e psicoloxía preventiva. Comecei a ler un dos seus libros máis coñecidos do que aprendín moitas cousas e sobretodo, que é o que máis valoro nun libro deste tipo, fíxome reflexionar un montón.

O libro do que vos falo chámase “Padres brillantes, maestros fascinantes”. Está escrito dende un punto de vista positivo sempre cara a mellora pero partindo do análise e crítica dun mesmo.

Hoxe gustaríame compartir con vós unhas pequenas reflexións sobre unha parte do libro titulada: Los siete pecados capitales de los educadores. Recoñézome na maior parte deles, en maior ou menor medida e teño a firme determinación de correxir en todo o posible a miña praxis.

Estades list@s!!! Aínda estades a tempo de non seguir lendo!!! Seguro?? Imos aló!!!!

1. CORRIXIR EN PÚBLICO

Cantas veces nos fixeron isto na escola? Un docente nunca debe expoñer un defecto dun nen@ en público por moi grave que sexa. Provoca humillación e é destructivo. Un educador debe valorar á persoa que comete un erro máis que ao erro en sí.

2. EXPRESAR AUTORIDADE CON AGRESIVIDADE

Impoñer a nosa opinión dun xeito agresivo non é unha boa idea. Ao realizar un despliegue de agresividade cara un alumn@, deberíamos pedir desculpas. Somos un modelo para eles e poderían copiar os nosos comportamentos.

3. SER EXCESIVAMENTE CRÍTICO

En ocasións caemos na tendencia de criticar e xulgar en exceso aos nen@s. O exceso de críticas frustra e desmotiva, á vez que reforza os roles “eres un desastre” “sempre fas o mesmo”. O diálogo e o reforzo positivo son máis efectivos.

4. CASTIGAR CANDO UN/HA ESTÁ ENFADAD@

Nunca debemos castigar dende a ira e o enfado. Ao sentir ira o correcto é afastarse ou tomarse un tempo morto. Hai decisións que é mellor tomar en calma e serenidade.

5. SER IMPACIENTE E RENUNCIAR A EDUCAR

O alumnado “complicado” é o que porá a proba a nosa profesionalidade e humanidade. Nunca deixes de creer nel@s. Ás veces somos o único cabo que os amarra á esperanza.

6. NON CUMPRIR AS PROMESAS

Temos que aprender a decir que non. A frustración é importante no proceso de formación da personalidade. Se non estamos seguros de cumprir unha promesa é mellor dicir que non. Debemos ser honest@s cos nen@s.

7. DESTRUIR SOÑOS E ESPERANZAS

Dende o meu punto de vista, o peor de todos. Non hai camiño sen esperanza;  sen soños non hai motivación para seguir. “Non chegarás a nada” “serás un paria” “non tes remedio”. Sen esperanza non hai valor para vivir.

9788408063605

UFF!!!! Duro eh?? Identifícaste con algún dos sete pecados? Prevalece sobretodo un?  Un pouquiño de cada?? Hoxe toca darlle voltas á gorra como dín os de Cariño e revisar o que facemos na aula. Nesta profesión é importante entender rápido que ninguén se vai a “graduar” en educación. O noso traballo é unha loita infinita pola perfección do que facemos.

Citando ao autor deste libro:

“Todos cometemos errores. La mayoría de las personas usa sus errores para destruirse; la minoría para reconstruirse. Esta última es sabia”


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Ser un docente fascinante

  • marisa

    Basi, me atrevo a decir, que pocos de estos pecados cometes o cometiste, en todo caso, esta muy bien haberlos expuesto, para que queden presentes para recordarlos, y para aprenderlos. En cualquiera de los dos casos, me alegra que sigas con entusiasmo para recorrer la travesía de la enseñanza. Te agradezco que te empeñes en esta tarea porque somos todos beneficiarios de vuestra labor.
    Unha aperta.
    Marisa.

    • oprofebasi Autor

      Gracias Marisa!!!! Pero o día a día na aula, o cansancio, os modelos adquiridos e a frustración propia deste oficio provocan ás veces algúns destes pecados. Coñecelos fai que un reflexione sobre o que fai e intente mellorar. Agardo verte o mércores na charla, sen dúbida, a túa experiencia será moi valorado por tod@s.