“El bueno, el feo y el malo” 2


2

Está a ser un ano cheo de novidades para mín. Cos meus case corenta anos afronto a situación dun xeito diferente. Os cambios son bos, porque un sae da súa zona de confort e espabila o seus sentidos. Un exemplo disto é a herdanza de cadernos de lóxicamatematica e lectoescritura da miña predecesora. Mais por moito que o intentes, ter libros, método, cadernos ou como lle queiras chamar; bloquea a creatividade do mestre/a e este oficio precisa moito diso.

Fai unha semana estaba eu a facer un ficha cos meus peques. En concreto esta…

3

Coa axuda dunha compañeira, fúmola sacando para diante pero en xeral, os nen@s, mostraron moita dificultade á hora de realizala. Raro??? Para nada, a ficha sería o último paso e prescindible do obxectivo que se pretende conseguir que é traballar a orientación espacial dos nen@s. Calquera sabe que en educación infantil o traballo parte do propio corpo porque os nen@s desta etapa non chegaron a etapa do pensamento abstracto e polo tanto vivencian todo neles e non son capaces ou cóstalles moito facelo dende a perspectiva doutro. Creedes que as editoriais empregan profesionais para a eloboración destes materiais?

Enfadeime conmigo mesmo e propúxenme darlles outra oportunidade aos meus peques. Ele/as non fallaron. Só o xeito de enfocar a actividade.

Propúxenme traballar o mesmo obxectivo pero como debe facerse nesta etapa. Isto foi o que fixemos:

mAgrupados en equipos de cooperativo (catro nen@s) , recibiron unha tarxeta cunha serie de movementos. O obxectivo, dirixir ao caracol cara o seu obxectivo, unha rica folla de leituga. O taboleiro de xogo…a asemblea, que foi “cuadriculada” polo profe e por nen@s colaboradores os días previos á actividade.

s

d

a

Un nen@ fai de caracol e o resto, utilizando a estructura cooperativa “folio xiratorio” (preme) dirixían ao caracol. É dicir, un neno colócase na casilla de inicio e os outros tres, seguindo unhas quendas, o dirixen cara a leituga. De seguido, vos deixo un vídeo que clarifica o proceso:

Os cinco equipos de cooperativo fixérono á perfección. Era o momento de propoñerlles un reto un chisco máis complexo: elaborar un percorrido propio.

Para iso, cada equipo recibiu un folio onde poderían planificar o percorrido que faría o seu caracol. O profe propúxolles de novo utilizar a estructura cooperativa folio xiratorio para elaborar o percorrido. Ningún equipo utilizou o mesmo percorrido e ningún equipo utilizou o mesmo código para marcar o percorrido.

4

EQUIPO 1: ROMPEDINOS

 

5

EQUIPO 2: RESURRECTION

 

6

EQUIPO 3: CORAZONES

 

7

EQUIPO 4: ROMPEHUESOS

 

8

EQUIPO 5: ROMPECABEZAS

Se vos fixades cada equipo utilizou un percorrido diferente e empregou diferentes xeitos de plasmar o percorrido (puntos, líneas, raias…) A ficha dunha editorial non permite isto. Só teñen unha solución correcta. As editoriais están ao servizo dun sistema educativo baseado á vez nun sistema industrial que  uniformiza ao alumnado ao transmitirlles que só hai un xeito de facer as cousas. As editoriais transmiten a idea dun saber único e incontrastable, palabra de deus.

Sobra dicir que os cinco equipos fixeron uns percorridos viables que fixeron que o caracol chegase á leituga e ademáis foron capaces de facelo en equipo.

Pero a mañá daba aínda moito de si e despois dun descanso para ir ao baño e tomar un “refresquito”, o profe quixo aproveitar unha nova ferramenta cada vez máis presente nas escolas públicas. O noso amigo Escornabot fixo acto de presencia e fixo de bo grado de caracol. Cada un dos equipos, saltou á palestra e probou o seu percorrido de novo por quendas “folio xiratorio” e fixo chegar ao Escornabot ao seu obxectivo que era a folla de leituga.

Ao principio non foi doado xa que os nen@s non “controlan” aínda o uso do robot e lle dan ordes incorrectas, pero decátaste que ao non correxilos, os peques non entenden o erro como algo fatal. Volven a recolocar ao robot, pensan e volven a probar. Sería igual o noso sistema educativo se por fin, dunha vez por todas, entendésemos que o erro forma parte da aprendizaxe? Serían iguais as escolas se o erro non fora entendido como algo negativo e sancionable?


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en ““El bueno, el feo y el malo”

  • Noa

    Mi ma piti, calquera d´ñia vante queimar os das editoriais, hehehe.

    Moi interesante este artigo destacando a importancia da vivencia no propio corpo nestas idades.

    Sobre as editoriais, dou fé que os mestres están moi limitados para a propostas de actividades xa que teñen que ser realizables no papel ou ter unha solución máis ou menos clara para que se poda incorporar no solucionario do mestre. Elaborei solucionarios para mestres durante máis de 4 anos e pódovos dicir que chegado setembro todos os mestres estaban doentes por recibilo. ¿Para qué sería imprescindible un solucionario se non fose porque presenta respostas únicas? Así que querido meu, tes toda a razón do mundo.