Esta noite naceu Isaac


unnamed

Fai un mes recibín un correo electrónico de Karem, a nai de Milo, un neno moi especial co que compartín aprendizaxes durante tres anos, porque calquera que se adique a isto sabe que non só aprenden os alumn@s. Karem e un grupo de nais e pais formaron un grupiño de familias que se xuntan un par de días á semana para charlar sobre educación e para que os seus fill@s xoguen xuntos. Coa idea de ampliar o número de familias nestas xuntanzas, pensaron tamén en organizar charlas temáticas. Karem pensou en mín para dar a primeira delas e nese intre comezou esta aventura.

Teño que dicir que non o pensei nin un só momento pero pouco a pouco decateime da responsabilidade e da presión que fun sentindo na preparación desta charla. O meu focus está dirixido á mellora do sistema educativo como docente. Esfórzome día a día na miña tarefa como docente, intento ser un bo compañeiro na escola, ser un apoio para as miñas familias e escribo sempre que podo nesta páxina para que máis profesorado coma mín non se sinta só na loita contra esta maquinaria pensada para deshumanizar a educación.

A charla para mín foi un reto. Non tiña que falar só para profesorado sobre o que considero que debemos facer nas escolas e sobre o que podemos facer día a día para mellorar a vida dos nosos nenos. As familias buscan solucións xa!! Os seus fill@s van hoxe a escola e no poden agardar polos cambios que chegarán.

O caso é que cedo, a medio prazo ou demasiado tarde esta escola que hoxe coñecemos cambiará. Cada vez máis profesorado e moitas familias fan desta unha escola máis humana. Os cambios son moi pequenos, seino, pero hoxe as persoas podemos votar libremente e todos os nen@s teñen dereito a unha escola pública grazas ao esforzo dos que viviron antes ca nós. Persoas que loitaron por un futuro que non ian ver.

Onte falei dunha escola orgánica, que antepoña ás persoas antes que os temarios. Ontes falei dunha escola que entenda que a vida non é lineal, unha vida que transcurra de hito en hito obligando ás persoas a facer o que marque a sociedade en vez de escoitar ao seu corazón. Onte falei dunha escola orgánica que entenda que a vida sucede a través da interacción cos demáis e co teu entorno na búsqueda dos teus talentos. E iso é o que temos que facer os adultos, sexamos profes ou pais/nais, crear as condicións para que os nosos fill@s e alumn@s vivan felices e atopen o seu talento.

Hoxe pola noite naceu Isaac, o terceiro irmán de Jesús. Hoxe pola mañá os seus ollos azuis como o ceo centelleaban entre o asombro e a dúbida. A vida de Jesús cambiou esta noite cando a súa nai deu a luz a un novo irmán. Como docente tiña “planificada” outra cousa para esa primeira hora pero hoxe non era un día calquera. Hoxe un dos meus nenos tivo un irmán, e como colectivo, como manada, como grupo de humanos que convivimos todos os días cinco horas felicitámolo, escoitámolo e compartimos a nosa experiencia como irmáns de alguén.

A escola debe bailar ao ritmo da vida e non ao revés. Por encima dos temarios, dos timbres e das programacións… están as persoas e a vida das mesmas.

Quero darlle as gracias a Karem por pensar en mín para esta charla e agradecerlle a aportunidade que me deu. Sen dúbida hoxe son mellor docente ca onte polo vivido ao longo destas semanas. A todas as familias que asistiron á charla, amigos e aos meus compañeir@s do colexio agradecerlles a súa presencia e apoio.

Só alguén que se adica con paixón á docencia sabe o complicados e monotema que podemos ser. Por iso quero darlle as grazas á miña muller Noa por escoitarme, aceptarme e apoiarme en todas as iniciativas que fago. Por ser sincera conmigo e loitar ao meu carón. Por ser día a día a miña mellor mestra.

foto

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *