Outro día no paraíso 1


moeche

Para mín o martes foi un día máis, un día máis no paraíso como dí Phil Collins na súa coñecida canción, nunha vida cómoda e confortable que me permite facer case todo o que quero. O martes pola mañá foi o día da excursión. Quen non recorda onde foi de excursión de pequeno? Sen dúbida é o máis recordado por calquera persoa na súa vida escolar. En primeiro fun a … En segundo a … En terceiro… Iso é posible grazas a persoas que antes ca nós souberon tomar riscos controlados, ser valientes e facer cousas polos demáis porque sabían que eran importantes.

O martes pola mañá sonou o despertador á hora de sempre e cando o meu cerebro acordou, recordei que era día de excursión. Sendo un día diferente era un día máis para mín. Xa en Covas, a piques de entrar no cole unha nai da miña titoría preguntoume: estás nervioso? díxenlle sinceiramente: -non, xa levo moitas. Pero isto non lle resta maxia ao feito de que a pesar disto, sei que a miña labor como docente e como adulto é proporcionar a oportunidade de vivir esta experiencia aos máis pequenos. Algo que outros fixeron por mín fai moitos anos.

Mais hoxe non toca falar de mín, do que eu sinto. Hoxe toca falar da primeira saída, da primeira vez que unha nen@ sae de excursión e do difícil que é que isto ocorra. Hoxe foi simplemente un día máis para mín, pero non para el@s.

Comezo polo principio!!! Aínda queda profesorado que dí: “que os leven seus pais”. Aínda queda profesorado que dí…? Sí aínda queda. Pero xa é pouco!!!! Iso ao mellor o pode dicir alguén que traballe noutro tipo de escola, pero na escola pública, na escola de todo@s e para tod@s, iso non e así. TÍ, MESTRE OU MESTRA SODES A SÚA ÚNICA OPORTUNIDADE.  Nun mundo plural e diverso, non todas as familias ofrecen as mesmas oportunidades. Sí, queridos compañeir@s, non sempre os poden levar seus pais.

Pero a maxia deste día non só é posible grazas aos mestres e mestras que valientemente deciden ofrecer e proporcionar experiencias aos seus peques. Desta volta, tocoume aprender que moitas familias, fan esforzos brutais para facer que un día como o de hoxe fora posible. Non só esforzos económicos, senón tamén culturais, sociais e étnicos. Entendendo que non todos  temos o mesmo xeito de ver as cousas. Sí, así é a escola pública, nunca lle dicimos a unha familia: “ao mellor esta pedagoxía non é para tí”, “querida familia iso é cousa túa”

Por último, non quero deixar sen valorar a última parte da ecuación, desa que ninguén fala e a menos valorada, a dos nen@s. Día de festa, día diferente pero día duro para moitos dos nosos peques que se enfrentan a moitos medos o día da excursión. Comer fora de casa, ir ao baño sós, durmir no bus, estar tantas horas sen mamá e sen papá…

Sorprendeume sentir que foi un día máis para mín. Fágome maior, non sinto o nervio de antaño o día da excursión,  pero por nada no mundo querería sentir que non é preciso saír da escola cos meus alumn@s. A escola non debe ser un lugar aséptico onde os nen@s aprenden fora de contexto. A escola é un motor de cambio social, cambia a vida dun nen@, e estarás cambiando o mundo.

O martes foi un día máis para mín pero foi un día especial para todos os peques da miña clase. E iso foi posible grazas a unha dirección valiente, a un profesorado concienciado coa súa labor, a unhas familias comprometidas cos seus fill@s e uns nen@s que baixo as condicións propicias fan o seu: crecer e avanzar.

moeche2

 


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Un comentario en “Outro día no paraíso