Teño seis anos e un gran potencial


castelo

COLOREA O CASTELO QUE MÁIS CHE GUSTA E EXPLICA PORQUÉ.

Estamos a piques de rematar o proxecto dos Castelos. É venres e atópome con esta ficha: “Colorea o castelo que máis che gusta e explica porqué”. Lín en alto o enunciado e mirei para os meus nen@s. Teño diante vinte mentes creativas e o traballo de hoxe é escolle entre catro castelos e dí porqué. Un deles dixo: Chupao profe!!!

Mentras facían o que a ficha dicía pensei: teño que sacar máis proveito disto. Que podo facer?

  1. Púxemos en común as eleccións de cada nen@.
  2. Anotamos no encerado as votacións.
  3. Contamos as opcións máis votadas (dous dos catro castelos)
  4. Fixemos dous equipos e reconstruímos con material da aula os dous castelos máis votados.

1

3

4

2

Recordo unha festa das Letras Galegas no cole de Ortigueira. Cada titoría acompañada do seu titor rotaba por diferentes estacións onde rapaces e rapazas do IES nos ensinaban xogos tradicionais. Nunha delas atopamos peóns, moi complexos para os nen@s de infantil. Por diante, dez minutos ata o cambio de estación. Unha campañeira e mais eu buscamos unha solución alternativa. Facer equilibrios co peón utilizando diversas partes do corpo. O profe do instituto que coordinaba a actividade disculpouse por non traer peóns adaptados aos peques de infantil e lle dixo ao rapaz desa estación: xa viches, un profesor ten que tirar de creatividade.

Escoito nas escolas dicir a moitos compañeir@s, “eu non son creativ@” “a mín non se me ocorren actividades así”. A creatividade é a capacidade de xerar novas ideas ou conceptos, de facer novas asociacións entre ideas e conceptos coñecidos, que normalmente producen solucións orixinais. Son sinónimos o “pensamento orixinal”, a “imaxinación constructiva”, o “pensamento diverxente” ou o “pensamento creativo”.

A creatividade estimúlase, trabállase e exercítase. Só precisamos rodearnos de bos exemplos sexa no colexio ou na rede e por suposto crear as condicións para que iso ocorra. E para mín, é imprescindible soltar ese lastre tan pesado e costoso que son os métodos: libros, cadernos de traballo, etc…

Deixa todo de golpe ou segue pedindo algún libriño mentras non colles práctica e soltura pero créeme que é posible. O importante é entender, e iso é o máis difícil, que os nen@s son os donos dos seus aprendizaxes, ensínalles a facerse preguntas e o demáis virá só.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *