Unha botella con esperanza 2


Travesia 025

Co meu amigo Jero cruzando a ensenada que separa Cariño de Espasante

Fai un par de días descubrín na prensa a existencia dun proxecto que chamou a miña atención. “Mensaje en una botella” é un evento participativo a nivel nacional que pretende involucrar ao maior número de persoas cara un obxectivo común que é involucrar á cidadanía na saúde dos océanos e na influencia destes sobre a sociedade. Dentro do marco do proxecto Sea Change (PREME), Horizon 2020. O seu nome xoga cun dobre significado en inglés “cambio radical”, que é en definitiva o obxectivo xeral do proxecto: lograr ese cambio radical fundamental no xeito en que os cidadáns europeos consideran a súa relación co océano, empoderándoos de cultura no ámbito do coñecemento mariño, que lles permita tomar medidas directas e sostibles encamiñadas a ter mares e océanos máis saudables, comunidades máis saudables e, en última instancia, mellorar a saúde do planeta.

O procedemento é moi simple. Inscríbeste no proxecto e recibirás no teu centro unha botella cunha mensaxe. Unha vez nas túas mans podes comezar o teu reto, pensado por tí e polos teus nen@s ou seguir algunha das propostas da páxina web:

1. Olvida e  deixa as botellas de plástico no teu colexio! Propón o uso de botellas de vidro reutilizables.

2. Bolsas de plástico? Non! Organiza unha pequena campaña para reemplazalas por bolsas de tela reutilizables.

3. Coñeces o problema coas palliñas de plástico? Constitúen unha gran porcentaxe da basura mariña. Explica este feito no teu centro.

4. E se facemos dos residuos algo bonito? Organiza un obradoiro para construir mini o macro esculturas mariñas cos residuos.

5. Usar os residuos orgánicos para crear compost.

6. Organizar unha limpeza da praia.

7. Realiza un concurso de debuxos mariños na túa escola.

8. Por qué levar o teu bocata en papel de aluminio cando podes levalo nun tupper ou nun portabocadillos? É reutilizable

etc…

As botellas sairán dende diferentes puntos de España seguindo unhas rutas. Unha delas é a RUTA DEL CANTÁBRICO que comeza nos Museos científicos da Coruña. As rutas comezan en setembro.

Eu nacín en Lugo e os meus veráns pasabaos á beira do río Miño pero é certo que o feito de vivir en Orti creou en mín unha conexión co mar moi especial. O deterioro do noso planeta é brutal e as escolas non podemos dar as costas a este problema. Díxeno moitas veces e non me cansarei, os colexios debemos ser o motor do cambio social, lugares onde nazan ideas para cambiar o noso mundo por un mellor. Dan igual as mates, as linguas e os idiomas se os nosos nen@s non teñen un mundo onde vivir.

Postos a soñar!!! Ou como lle digo ás veces a Noa “agora vou a desbarrar, imaxina se…, vou a pensar ao grande”. Imaxinades que a botella seguise unha ruta con colexios destas localidades???

ruta_norte

  1. As Pontes
  2. Ortigueira
  3. Barqueiro
  4. Vicedo
  5. Covas
  6.  Viveiro
  7. Celeiro
  8. Xove
  9. Cervo
  10. Burela
  11. Foz

Anímase alguén? Síiiii!!! Estouvos tirando un anzol !!!

image

PREME E VISITA A SÚA WEB

 

Remato cunha frase de Roser Batlle máximo exponente en España sobre Aprendizaxe Servizo:

“Para pasar del dominio del individuo hacia la convicción de lo colectivo, necesitamos una educación empática. Por lo tanto, la finalidad de lo que hacemos en la escuela debería ser formar ciudadanos competentes capaces transformar el mundo. Porque sino…Para que sirve la educación?”


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Unha botella con esperanza

  • Bea

    Caín no anzol sen pensalo nin un segundo. Algunhas das propostas xa as intentei algunha con maior ou menos resultado, apúntame a por todas a participar nesta iniciativa tan “chulísima”. PORQUE O PLANETA DEPENDE DE NÓS, IMOS FACER ALGO.
    Grazas por compartir compi 🙂