Non ao peche do CPI Monte Caxado 1


monte_caxado

Imaxe propiedade da web Praza pública

Sempre pensei que as accións que realizas transmiten aos demáis moito máis que todas as palabras que poidas dicir. Cada vez que tratas a un nen@ con respeto e toda a túa atención estaslle demostrando que é importante e que o tes en conta. En consecuencia el ou ela actuará igual contigo.  Penso que o cambio educativo é posible, grazas a un profesorado cada vez máis formado e profesional que trata con respecto e atención aos seu alumnado e ás súas familias. O que facemos é importante, e como tal debemos de facer as cousas con rigor e respeto.

Pois ben, o pasado xoves a un día de rematar as clases, inspección notificou ao claustro do CPI Monte Caxado que o seu alumnado e profesorado pasaría a integrarse no Ceip A Magdalena e o IES Moncho Valcarce. Entendo que unha das funcións da Consellería de Educación é a de xestionar os recursos materiais e humanos da nosa comunidade. Entendo que en ocasións se teñan que tomar medidas drásticas polo ben común, pero desta vez non actuaron nin con rigor nin respeto.

Dentro do CPI Monte Caxado hai 250 nen@s coas súas repectivas familias e un claustro entre infantil, primaria e secundaria de 31 almas. Todos teñen as súas vidas, os seus anhelos e as súas preocupacións e todos merecen un respeto. Cada familia organiza a súa vida en función dun horario escolar, agarda que tal profesor/a lle dea ao seu fill@ e soña con velo crecer dentro das paredes dun centro que como familia escolleu. O profesorado organiza a súa vida familiar tamén en función dos horarios do centro e soña, prepara e planifica proxectos para o curso que ven.

The Corporation, titulado en España Corporaciones. ¿Instituciones o psicópatas?, é un documental canadiense do ano 2003 que en tres entregas describe á corporación multinacional moderna. O documental analiza a conducta social das empresas e institucións a través de diversos exemplos, e utilizando os criterios psiquiátricos cos que un psiquiatra avaliaría a conducta e a saúde mental dun individuo calquera. O documental establece un paralelismo entre a conducta da empresa moderna con ánimo de lucro e o  comportamento dun psicópata clínicamente diagnosticado. As prácticas corporativas examinadas encaixan cos síntomas que el DSM-IV (Manual diagnóstico e estadístico dos trastornos mentais) considera definitorios da psicopatía:

  •     Despiadada desconsideración polos sentimentos dos outros.
  •     Incapacidade para manter relacións prolongadas.
  •     Despreocupación imprudente pola seguridade doutros.
  •     Incapacidade de sentir culpa.

Podo entender que se tomen certas medidas pero non aprobo o xeito de levalas a cabo. Procesos deste tipo deberían facerse  marcando outros tempos máis humanos que permitan a planificación e a asimilación mental do que vai suceder. O profesorado, as familias, o alumnado e os veciños das Pontes sinten que non foron tratados co respeto que merecen e eu creo que teñen razón.

Se pensas o mesmo podes apoialos firmando na causa que teñen aberta en Change.org (PREME PARA ACCEDER Á WEB)

 


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Un comentario en “Non ao peche do CPI Monte Caxado