Nova etapa 3


WhatsApp Image 2017-07-19 at 22.58.43

Fai uns meses escoitei nalgún lugar que un non madura cando lle pasan cousas malas, senón cando é consciente de que non é dono da súa vida. Cando decidín concursar e deixar a miña etapa en Ortigueira e comezar unha nova en Covas, nunca valorei esta nova  posibilidade. Cando concursei, a miña idea foi buscar un centro cheo de proxectos, cunha dirección que apoiase ao seu profesorado. E seguindo eses criterios acertei, mais nunca pensei na opción de ter que continuar o traballo do anterior equipo directivo.

Fai meses que coñecín a posibilidade de formar parte do novo equipo directivo do colexio de Covas. Dende o principio entendín as razóns que precipitaron esta situación, mais resistinme a creer que isto ía cambiar a miña situación laboral. Sempre pensei que a solución a esta situación non pasaría por mín.

Pasados dous meses de reunións, entrevistas e conversacións, a situación resolveuse dun xeito inesperado para mín. Dende o 1 de xullo do 2017 ata o 31 de xuño do 2019, o novo xefe de estudos do colexio de Covas é o escribe estas liñas.

Patalexei, resistinme a esta opción ata o convencimento da imposibilidade de escapar dela. Saín da miña zona de confort e cando iso sucede un ten que estar disposto a aceptar o que suceda.

Durante moito tempo, crín ser o dono do meu destino, mais este ano sen eu querer, sen opción de cambio, o destino púxome diante unha opción que non é do meu agrado. Aínda que non é a primeira vez na miña vida, nin será a última, nunca é agradable a sensación de sentirse utilizado.

Fai uns días, unha compañeira que me axudou moito neste proceso díxome: “unha boa práctica ten que sustentarse nunha boa teoría”. Xa pedín os libros que me recomendou “Las feromonas de la manzana” de Miguel Ángel Santos Guerra e “Pedagogía de la Convivencia” de Xesús Rodríguez Jares. Mentres tanto comezarei polos que encabezan estas liñas que me recomendou a miña amiga Rocío.

Cando un ten unha idade é receloso de comezar retos novos. Cando deixei o atletismo e comecei a practicar triatlón, sentinme moitas veces de novo coma un novato. Con esforzo, traballo e adicación conseguín o nivel que teño hoxe en día. Con esforzo, ética e compromiso agardo estar á altura da nova situación, motivando e apoiando ao profesorado que coma mín, non só cree nun cambio do sistema educativo senón que sabe como facelo e está disposto a demostralo.

Deséxovos a tod@s unhas boas vacacións!!!! Que descansedes!!!!!

WhatsApp Image 2017-07-23 at 23.35.33

 


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 Comentarios en “Nova etapa

  • Rosa

    Nova etapa tamén para os nosos peques, que merecen seguir tendo unha escola diferente, creativa, motivadora e integradora, mais aló da educación infantil, tan importante. El@s non se van a deter ahí, e necesitan de xente comprometida coma ti. Moito á mimo!!!

  • Rosa

    Nova etapa tamén para os nosos peques, que merecen seguir tendo unha escola diferente, creativa, motivadora e integradora, mais aló da educación infantil, tan importante. El@s non se van a deter ahí, e necesitan de xente comprometida coma ti. Moito á nimo!!!

    • oprofebasi Autor

      Sen dúbida os nosos pequen@s merecen unha escola diferente. Esa escola xa chegou, xa existe, xa late no corazón de moitos nen@s, e de moit@s mestr/@s. Prometo traballar arreo na creación dunha escola intelixente que marque o rumbo dun novo futuro, dunha nova sociedade, dunha nova escola máis cercana á realidade dos seus nen@s.