Mª Del Mar 4


DSC03775

Simpática, nerviosa, activa, comprometida e sempre disposta axudar. Así é a miña compañeira Mª del Mar, María coma lle chaman algúns, coa que compartín nove anos de docencia, cinco como paralelo en infantil no colexio de Ortigueira. Hoxe quero comezar unha nova sección na miña páxina, quero falar daquelas mestras que admiro, mulleres que sí marcan a diferencia. Non se me ocurre ningunha que marcase a miña vida coma ela.

Despois de catro anos de traballo en Madrid, pedín o traslado para Galicia. Namorado ata o tuénano de Noa, pedín destino en Ortigueira pobo onde naceu seu pai. Naquel verán do 2007 coñecín a Mª del Mar, delgada, pelo curto e chea de vida, fora elixida tribunal de oposición e comezaba como secretaria do novo equipo directivo. Seica dixo, quero que o rapaz novo sexa o meu paralelo en catro anos, e así foi.

Naquel momento non fun consciente, mais hoxe podo dicir que fun un privilexiado ao caer nun colexio onde todo o seu equipo de infantil traballaba sen libros e por proxectos. Sen dúbida tanto Mar coma Susi foron pioneiras de mestres coma mín. Hoxe o sistema educativo é mellor grazas a mestras valientes coma elas.

100_8915

Dende o inicio intentei demostrar a miña valia, e aínda que foi dificil hoxe sei que moito do que son llo debo a unha muller que soupo ver en mín, máis do que eu mesmo crín ver naquela época. Despois dun ano, collín a coordinación TIC e seguidamente a coordinación do ciclo de infantil. Fun coordinador deste ciclo durante seis anos consecutivos ata a chegada de Cris. Vín nela a forza e a determinación que eu non podía dar naquel momento.

Fixen centos de horas de garda con María tanto de biblio polas tardes, como polas mañás na garda de bus. Ninguén sabe coma mín a sorte destes momentos ao seu carón.

Mar!! Non sabes canto aprendín de tí neses momentos. Aprendín a loitar, a deixar a loita, a entender, a convencer, a ser duro, a ser blando, a amar este traballo. A ser elegante, a ser veciño, boa persoa e comprometido.

Moitas veces me preguntan, que tal en Covas? Volverás algún día a Ortigueira? Arrepínteste de marchar? Nin eu mesmo sei a resposta destas preguntas… só sei unha cousa. Voto moitísimo de menos falar contigo cada día.

O vinte de febreiro do 2018 cumprirei corenta anos. Sendo o titor dunha titoría de catro anos e xefe de estudos do Plurilingüe de Covas. O peso que sinto é grande mais penso en tí, sempre disposta a loitar, coma cando a poucos anos da túa xubilación, eres capaz de formar parte dun equipo directivo, moderno, comprometido, actual, formado, profesional e valiente disposto a trocar as cousas.

Penso que unha boa definición de tí sería: Mª del Mar: alegre, simpática, comprometida, mestra de mestres, docente capaz de loitar nun presente, apoiando a aqueles que trocarán o futuro.

Mar!!! Eres a chispa de mestres coma mín. Eres parte e motor do cambio. O sistema educativo está a cambiar grazas a mulleres valientes e con visión coma tí. Soupeches apoiar un novo equipo directivo que marcará un antes e un despois na historia de Ortigueira.

WhatsApp Image 2017-09-15 at 01.03.07

Fonte: A voz de Ortigueira


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 Comentarios en “Mª Del Mar

  • Ángela

    Estou totalmente dacordo co que escribes.
    Neste novo cole no que estou teño a Mar sempre na boca, recórdoa en todos os momentos. É unha persoa que marca. Debémoslle moito.

  • Bea

    Bravo por Mar, por ser loitadora incansable onde as haxa, por atreverse a subir outra vez a ese barco do equipo directivo sabendo que as cousas non serán sinxelas. Bravo por ter sempre un sorriso que anima aos que estamos ou estivemos preto (aínda que estemos de baixón), animada a facer calquera cousa en calquera momento, disposta a entrar en calquera proxecto que se presente… Bravo Mar!!!!

    E bravo Basi tamén por facerlle este recoñecemento, e porque ti, como sabes, tamén eres unha persoa que marcaches moitíimos en nós (cole de Orti). Eu boto en falta esas conversas de patio, de “hora libre”, de calquera momento… nas que falamos de calquera cousa. Menos mal que as redes sociais, o watsapp e os blogues nos manteñen en contacto… e esas esperadas visitas aos nosos coles. Este curso non pasa de que sexa eu a que visita o teu.
    Pero había que facer unha xuntanza de CLAUSTRO INFANTIL ORTI 🙂

  • M. Cristina Cornide

    Buenos dias; so y una chica minusvvalida que tuve la gran suerte de estudiar el colegio de Ortigueira.para fue una experiencia en inolvidable. Mar nunca me dio clase, pero era maravillosa, ademas siempre que nos vemos de se lleva una alegria. Yo vivo en la Coruña y unos añitos que no nos enncontramos por Ortigueia, Me encantaria cominicarme por internet. Enhorabuena

    Un saludo

    M. Cristina Cornide

  • luli

    Suscribo cada palabra. Apoio incondicional, boa amiga. Graciosa, axudando siempre. Gracias Basi sodes dous espellos nos que mirarnos. Estar con vos no colé e compartir tantas cousas … Que ven foi coñecervos. Moitos bicos compañeros.