Enséñame a contar, pero bonito


xogo

Primeiras semanas de cole, primeiras reflexións sobre que obxectivos acadar cos teus chic@s. Despois dunhas semanas facendo a asemblea, vexo que os encargad@s teñen certas dificultades para contar o número de nen@s que viñeron ao colexio.

Preparando esta entrada lín que Rochel Gelman e Randy Galliste, propoñen unha visión relativa ao significado do conteo sustancialmente diferente a Piaget. A súa proposta relativa ao desenvolvemento da comprensión do concepto do número natural propón que a orixe dos principios do conteo é, esencialmente, innata.

Estos autores propoñen que o nen@ é capaz de contar, se posúe unha representación do número natural na medida de que sexa capaz de demostrar a aprehensión destes principios de conteo:

1º. Principio de correspondencia biunívoca: o nen@ debe entender que para contar debe contar todos os obxectos do conxunto e debe contalos só unha vez.

2º. Principio de orde estable: as palabras-número deben ser utilizadas nunha orde concreto e estable.

3º. Principio de cardinalidade: a última palabra-número que se emplea no conteo dun conxunto de obxectos serve tamén para representar o número de elementos que hai nun conxunto.

Sei pola miña experiencia que pouco a pouco os peques conseguen contar cantos nen@s hai hoxe na clase como rutina da asemblea, mais este ano non estou só na clase. Gardado nunha caixiña de cartón, dentro dun armario, tiña un escornabot que levaba todo o verán descansando.

A proposta de actividade que lle fixen aos meus peques é sinxela e supermotivadora. Todos os días entran na escola dicindo: “quero xogar con Escornabot”.

PASO 1: Meten a man nun saquiño e sacan un número do 1 ao 10.

PASO 2: Colocan un bonequiño nese número.

PASO 3: Escornabot vai na súa búsqueda.

Con esta simple actividade, contan cada vez que premen no botón do robot, contan cada paso que fai o robot na búsqueda do boneco. E non só contan cara diante, tamén contan cando o escornabot volta marcha atrás cara a casilla de inicio.

Aquí vos deixo un vídeo que explica mellor ca mín a actividade.

“Los niños necesitan tiempo y espacio para jugar. Jugar no es un lujo, es una necesidad”
Kay Redfield Jamison

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *