Las feromonas de la manzana 4


Quero pedirvos desculpas. Fai semanas que non escribo, fago moitas cousas cos meus peques pero sinto unha sequía creativa importante. Atópome canso, matando lumes constantemente e adicándome a unha nova tarefa que agota o meu intelecto e non me deixa pensar noutras cousas.

Cando fun nomeado xefe de estudos, pedinlle axuda a Branca, a miña inspectora e recomendoume varios libros, entre eles este que hoxe comparto con vós: “Las feromonas de la manzana. El valor educativo de la dirección escolar” de Miguel Ángel Santos Guerra. Moit@s pensaredes: nunca vou ser director ou directora dun centro, non me apetece, non son capaz, non quero… Eu penso coma vós, pero entender en que consiste liderar, organizar, cooperar e construir un centro educativo é unha tarefa de tod@s, non únicamente da dirección do centro. O equipo directivo coordina un equipo de profesionais, non é o que manda, é o que axuda e fai posible.

Durante nove anos vivín de cerca un estilo directivo moi concreto. Se tivera lido este libro, cecais asumiría mellor o vivido. Ao mellor, saber que é algo que sucede en máis colexios, teríame axudado a afrontar dende outra posición que o que sentía non era esaxerado. Este libro fala de termos como “la fagocitosis del innovador/a”. Trátase dun proceso psicolóxico a través do cal, os que non queren facer nada devoran, fagocitan, a quen pretende facelo. Copio do libro: “la fagocitosis es un mecanismo perverso porque, lejos de felicitar a quien desea algo por la escuela, a quien quiere dirigirla para mejorarla, algunos miembros de la comunidad tratan de descalificarl@ y destruirl@”

Pero indo ao importante, este libro explica a verdadeira esencia do liderazgo educatico, copio textualmente: “Metamos en una bolsa de plástico una manzana con varios caquis, nísperos o cualquier otra fruta que no está madura. Al cabo de unos días las frutas que están en contacto con la manzana madurarán. El efecto se debe a las feronomas de la manzana. Esa influencia de la manzana me parece una excelente metáfora de la dirección escolar. La dirección es una fuerza que consigue que las personas que están alrededor de quien la ejerce acaben madurando y alcanzando su sazón. Sin ningún ruído. Sin ninguna violencia.”

Pois nesas divagacións ando todos os días. Esperto polas mañás e xa non penso en actividades para os meus pícaros. Esperto e penso en como dinamizar, solucionar, motivar, xestionar…

“La palabra autoridad proviene del verbo latino auctor, augere, que significa ^hacer crecer^. De modo que tiene autoridad aquella persona que ayuda a que los demás se desarrollen, que ayuda a crecer. Quien aplasta, humilla, engaña, silencia, castiga y, en definitiva, destruye, no tiene autoridad, sino poder”

Para un mín, un libro fundamental para a función docente, aínda que non tod@s sexamos algún día do equipo directivo, todos podemos ser mazás para os demáis. Gracias Branca por recomendarme este libro, axudoume a entender o pasado e a encarar o meu presente.


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 Comentarios en “Las feromonas de la manzana

  • Raquel

    Animo padrino!!!estoy segura q lo estas haciendo genial y q tus feromonas ayudaran a q la gente q t rodea maduraran y creceran a tu lado…sabes como hacerlo. Ya se q es dificil para ti pero q este cargo no t quite las ganas d motivar y educar a tus pekes…te queremos besitos!!!

  • Rosa

    Tes todo o dereito a estar alicaído. ¡faltaría máis! Seguro que non é doado, novas situacións, novos retos… pero ¡eh, só un anaco! Por favor, non te rindas. Os peques teñen sorte de contar contigo dentro e fóra da aula. Estou segura de que o estás facendo xenial e que resultas inspirador para os que te rodean¡Moito ánimo! Go go go!!!!

    • oprofebasi Autor

      Gracias Rosa!!!! Non me rindo, só quería compartir o que pode sentir unha profesor nesta situación. Dende esta posición analizo o vivido anteriormente como mestre e agardo ser de axuda a mestras que hoxe queren cambiar as cousas. Non me rindo, estou rodeado de profesoras xeniais con gañas de facer cousas. MOitas gracias polo teu apoio!!