Inclusión 2


A escola é obrigatoria por lei dende os seis anos, mais case o 100% dos nen@s comezan aos tres anos a súa andadura escolar. A onde quero chegar? A que a escola é un lugar de paso para o todos os nenos e nenas ao longo dunha serie de anos. Sei que isto é moi obvio, pero isto lévanos a unha reflexión. Se todos temos que pasar polo sistema educativo, este debe adaptarse ás intelixencias de tod@s ou é o alumnado quen debe adaptarse?. E se é así?? Cal é o fin deste sistema: educar ou seleccionar?

Penso que a escola durante moito tempo fixo unha segmentación da vida. Explícome, durante moito tempo existiu unha escola para homes e outra para mulleres, sexos destinados a atoparse e a convivir xuntos. A razón? Dar unha educación diferenciada a homes e a mulleres. A sociedade, a “vida” tiña un lugar e unhas funcións diferentes para cada un dos dous sexos. Aínda que existen actualmente escolas privadas que seguen con esta dinámica a meirande parte das persoas vemos isto como un sen sentido. Por qué separar seres humanos que viven xuntos na “vida real”? Por qué limitar a educación, as oportunidades dunha persoa sen ter en conta os seus intereses, intelixencia e motivacións?

Fai moitos anos, o mesmo edificio que hoxe alberga a biblioteca municipal de Ortigueira era a escola pública deste lindo pobo onde vivo. Alá quedan os anos onde unha palmeira separaba o patio onde xogaban á mesma hora nenos e nenas. Alá quedan eses anos onde o espazo delimitaba as oportunidades para relacionarse e para interaccionar. Estamos seguros que hoxe non sucede algo parecido? Estamos seguros de que hoxe en día non hai nos patios “palmeiras” que limitan as posibilidades de xogo e de interacción do noso alumnado? Outro día reflexionarei en alto sobre o monopolio do fútbol nos patios.

Inclusión: A inclusión é un concepto teórico da pedagoxía que fai referencia ao modo en que a escola debe dar resposta á diversidade. É un termo que xurde nos anos 90 e pretende sustituir ao de integración, ata ese momento o dominante na práctica educativa. O seu suposto básico é que hai que modificar o sistema escolar para que responda ás necesidades de todos os alumnos, en vez de que sexan eles os que se adapten ao sistema, integrándose a él. A opción consciente e deliberada pola heteroxeneidade na escola constitue un dos pilares centrais do enfoque inclusivo.

Educación inclusiva: proceso polo cal ofrécese a todos os nenos e nenas, sen distinción de capacidade, raza ou calquera outra diferencia, a oportunidade para continuar sendo membro da clase ordinaria e para aprender dos seus compañeir@s, e xunto a eles, dentro da aula.

Se en sociedade temos que aprender a convivir eficazmente en entornos comunitarios heteroxéneos, é necesario que na escola isto sexa unha realidade e que as experiencias educativas se basen na acollida de toda diversidade.

Fixen a miña formación de traballo cooperativo con Ramón Lago, que loitou codo con codo co tristemente desaparecido Pere Pujolás: “La escuela inclusiva se preocupa, fundamentalmente, por encontrar métodos, estrategias y maneras de organizar la clase que permitan atender juntos a alumnos diferentes sin que ninguno de ellos salga perjudicado, aunque no “quieran” o no “puedan” aprender”

A túa escola é un lugar inclusivo? ou é unha fábrica que selecciona un tipo de nen@, como xa denunciou Tonucci fai moitos anos? A túa, é unha clase inclusiva, onde tod@s, ao seu nivel comparten aprendizaxes ou polo contrario o teu traballo parécese máis ao dun sexador de polos? Formas parte dun sistema que busca un perfil concreto de persoa, igual que un sexador busca femias e descarta machos, ou  polo contrario traballas en prol dun mundo diverxente, heterexéneo e plural???

Canto temos que pensar nesta profesión, verdade? Pero niso radica a esencia desta profesión. Unha mestra, un mestre debe ser unha persoa integrada na súa sociedade que vive dentro dela, loitando por mellorala. Loitando por unha mellora que repercuta no ben de todo o seu alumnado!!!!!


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “Inclusión

  • Rosa

    Si, por favor, escola inclusiva para ter unha sociedade inclusiva. Por unha banda, no sector industrial, no que eu traballo, estase a producir un cambio importante pola creciente automatización co desenrolo da robótica e da intelixencia artificial e dubido que a asimilación de inxentes cantidades de datos, onde estaríamos en clara desventaxa, sexa o camiño , e si potenciar outras capacidades como a creatividade, o espíritu crítico, o traballo en equipo( por certo segundo Pisa, non estamos moi aló). Quero dicir con isto que as capacidades son diversas e cambiantes como a xente mesma, e todos podemos ter cabida. Por otra banda, temos que pensar que sociedade queremos, se unha sociedade para uns poucos ou onde todos enfrentemos retos tan importantes como vivir nun planeta habitable ou respirar aire respirable.

    • oprofebasi Autor

      Vivimos nun mundo cambiante, unha porcentaxe enorme de traballos que desempeñarán as nenas e os nenos que hoxe temos na escola aínda non foron inventados. PArtindo disto, cal é o camiño que debe seguir a escola? Asimilación de datos que xa temos dispoñibles na rede ou por outra banda, aprobeitar o potencial de cada ser humano cara o desenvolvemento dun mundo mellor?

      Gracias Rosa polos teus comentarios!!!