O elemento 2


Cada vez que remata un trimestre chega o momento de avaliar. Avaliar significa: Atribuir ou determinar o  valor de algo ou de alguén, tendo en conta diversos elementos ou xuizos. Avaliar tamén é valorar coñecementos, actitudes ou o rendemento dunha persoa ou dun servizo. Por desgracia aparecen sinónimos como: xulgar, encasillar, clasificar…

Seguindo unha “misión” instaurada dende fai séculos, o profesorado seguindo un baremo X, xulgamos o nivel do noso alumnado buscando o erro, a deficiencia, a necesidade, a imposibilidade, a incapacidade, o necesita mellorar. Quen de nós, non se sentiu xulgado cando era cativo?

Pechade os ollos!! Imaxinade conmigo unha escola que non penalice o fracaso. Imaxinade conmigo unha escola que busque o talento de cada nen@. Unha escola que premie as cualidades do alumnado!!! Queredes facer esta viaxe conmigo?? Volvede a ser nen@s por un rato, só dez minutos para recordar cando alguén medía cunha regra imaxinaria o noso nivel.

Os que seguides esta web sabedes que adoro a Ken Robinson. Penso que se atopase unha lámpada marabillosa e tivese tres desexos, un deles sería falar con el un ratiño. Este nadal prometinme ler o seu libro “El elemento” que é unha homenaxe á impresionante variedade de habilidades e paixóns humanas e ao noso potencial de crecemento e desenvolvemento, analizando as condicións en que as cualidades humanas florecen ou perecen. Este libro fala de cómo comprometernos co presente, para preparar un futuro completamente descoñecido.

Pode existir maior éxito que descobrir cal é o noso talento natural, aquelo que se nos dá ben e nos entusiasma?? Ken Robinsom chama a estas historias “Historias epifánicas” porque implican certo grado de revelación, un punto de inflexión entre un antes e un despois. O elemento sería polo tanto un lugar onde se atopa o que che gusta facer e o que se che da ben dun xeito innato. É un punto de encontro entre as aptitudes naturais e as inclinacións persoais.

Robinson fala neste libro do caso de Gillian, unha nena de oito anos con problemas na escola: unha caligrafía terrible, entregaba os deberes tarde, apenas conseguía sacar un cinco. O psicólogo da época diagnosticoulle un TDH e a enviou a un especialista. Por sorte, este profesional descubriu algo marabilloso. Despois de falar con Gillian puxo música e a deixou soa. Observou como a nena se movía ao son da música.  Gillian non é hiperactiva, non precisa tomar Ritalín, a súa filla é bailarina, ten que levala a unha escola de baile. A vida de Gillin trocou para sempre ao estar rodeada de persoas coma ela. Gillian Lynne (preme) é unha das coreógrafas máis importantes da nosa era, fixo desfrutar a millóns de persoas e amasou unha fortuna con musicais como Cat´s e A pantasma da ópera.

Por que a meirande parte de nós non atopamos o noso elemento? A razón principal è que non coñecemos as nosas capacidades. Ninguén se parou un instante en ver que se nos da ben. En segundo lugar está o coñecemento que temos como sociedade sobre cómo interaccionan estas capacidades. Por último, cremos que temos un tempo limitado para crecer e trocar. Seguimos crendo nunha vida líneal que sofre un deterioro. A vida non é lineal, é orgánica, está supetida ao entorno e ás persoas que nos rodean e as experiencias que vivimos. Mentras isto sucede, nas escolas seguimos medindo a intelixencia con test escritos a lápiz, medindo dúas esferas, mates e lingua.

Volvendo ás sesións de avaliación sempre hai algún mestre/a que dí, este alumn@ non é moi intelixente. Que vos parece este caso? sacou un nove en lingua e un cinco en mates, como pode ser? TEMOS QUE REVISAR DUNHA VEZ POR TODAS O CONCEPTO DE INTELIXENCIA. Existe a idea de que todos nacemos cunha cantidade fixa de intelixencia, algo como ter os ollos azuis ou as orellas grandes, cando Howard Garner defendeu con éxito o feito de ter intelixencias múltiples, interdependentes entre sí, sendo algunhas delas dominantes e outras latentes (que existen dun xeito oculto)

Por desgracia, isto transcende os muros das escolas e día a día, as familias comparan aos seus bebés dende que nacen. Comeza como algo inocente e natural pero pouco a pouco, todos nós sentimos a odiosa comparativa con outro pequeno ou pequena da nosa idade. Como se existise un único xeito de ser, un único xeito de vivir e existir.

A poucos días de reis eu pediría un agasallo. Non quero máis pais xulgando a vida dos seus fill@s en función da súa propia vida, nin máis mestre/as opacos incapaces de ver o bo que teñen cada un dos seus nen@s. Nun novo 2018 eu desexo unha escola que asuma e entenda dunha vez por todas que TOD@S SOMOS DIFERENTES, e que o mellor agasallo que lles podemos facer aos nosos fill@s e alumn@s non é material, é a virtude de ver nele/as o seu potencial, as súas virtudes, as súas capacidades… Axudarlles a descobrir o seu elemento e a desfrutar del.

Atopar o seu elemento é esencial para o seu benestar e o seu éxito final e, por implicación para a saúde da nosa organización e dos efectivos de nosos sistemas educativos

Queridos mestres e mestras, podedes enumerar unha das cualidades de cada un dos vosos peques? Facede este exercicio, parádevos un instante a pensar en que destacan cada un dos vosos alumn@s. Non sei se o mundo será un lugar mellor pero estou seguro que a vida de cada nen@ sería mellor se a vivise escoitando, sen mentiras nin exaseracións, en que é especial e descubrindo aquelo que o define e o fai feliz.

Feliz ano 2018!!!!!!!!


Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 Comentarios en “O elemento

  • Agostinho Pereira

    Meu Bom Amigo
    Magnífico texto. Ideias precisas, muito claras. Parabéns!

    De facto, durante a minha actividade como professor, encontrei colegas para quem avaliar os alunos era simpresmente somar ou subtrair números e fazer médias.
    Este procedimento implica duas coisas, pelo menos:
    1ª – que o professor a avaliar é absolutamente infalível. O número que atribui ao aluno é absolutamente certo, como um resultado de uma operação matemática abstracta.
    2ª – que o professor vê a produção/resultado do trabalho do aluno como um produto industrial, descontextualizado, sem sujeito.
    Nunca se pode avaliar sem ter em conta o sujeito (aluno) e as suas circunstâncias. Merecem a mesma avaliação dois alunos que estão no mesmo patamar mas um tem uma família desestruturada ou que não tem possibilidades de oferecer ao filho as mesmas condições que o outro tem?
    E o avaliador (professor). Quem me garante que fui absolutamente objectivo na atribuição de nota a um certo trabalho?
    Um dos nossos grandes “pecados” como professores é a infalibilidade…
    Quando leccionava, na avaliação final do ano lectivo, (que no nosso sistema é a avaliação definitiva do aluno), para além da avaliação do trabalho realizado durante o ano, eu valorizava o trajecto feito pelo aluno durante o ano lectivo, tendo em conta o ponto de partida e o ponto de chegada, como entendia eu a sua estruturação mental e valorizava também o que ele me parecia vir a ser no futuro como cidadão. Sim, porque entendo eu, a escola não tem por função fabricar robots mas cidadãos interventivos, não necessariamente políticos, mas conscientes de que pertencem a uma sociedade onde é necessário cooperar, trabalhar, intervir.

    A minha muita admiração por ti, Basilio.

    • oprofebasi Autor

      Querido Agostinho:

      Non sabes canto agradezco as tuas palabras, aos meus case corenta anos agradezo máis que nunca os consellos dun gran mestre coma tí, unha persoa capaz de ver o xesto máxico dunha pequena gran atleta galega que fixo que hoxe eu teña a sorte de escoitar as túas opinións sobre o meu traballo. Debezo o momento de voltar a verte!!!!!

      Un bico moi grande a Elisabeth e ao Elder e outro enorme de Noa e de mín para tí.

      Sempre serás para mín un referente e un apoio!!!

      Bicos!!!!!