Libros de cabeceira


Hai libros que marcan a vida dun profe. Hai libros que dun xeito ou doutro modifican o teu xeito de ver as cousas, e polo tanto cambian o teu facer. Outros amplian a túa visión sobre as cousas e axúdanche a entender outras realidades. De seguido, enumero os meus libros de cabeceira uns guían a miña práctica diaria e outros axúdanme a seguir motivado.

LAS FEROMONAS DE LA MANZANA. El valor educativo de la dirección escolar

“Metamos en una bolsa de plástico una manzana con varios caquis, nísperos o cualquier otra fruta que no está madura. Al cabo de unos días las frutas que están en contacto con la manzana madurarán. El efecto se debe a las feronomas de la manzana. Esa influencia de la manzana me parece una excelente metáfora de la dirección escolar. La dirección es una fuerza que consigue que las personas que están alrededor de quien la ejerce acaben madurando y alcanzando su sazón. Sin ningún ruído. Sin ninguna violencia.”

Para un mín, un libro fundamental para a función docente, aínda que non tod@s sexamos algún día do equipo directivo, todos podemos ser mazás para os demáis.

Libertad y límites. Amor y respeto:

A súa autora Rebeca Wild fundadora entre outros proxectos do Pesta (centro escolar alternativo), mostra unha mirada moi diferente de cómo educar en liberdade, dentro duns límites (espaciais e temporais) que respecten a tod@s e onde o amor sexa o aceite que lubrique todo o mecanismo. Libro denso, con moitas paradas para a reflexión pero para mín, unha verdadeira marabilla.

limites

Despertad al diplodocus:

O seu autor é José Antonio Marina. Este autor así como a súa obra son moi criticados en certos círculos de mestre/as. Eu estaba deseoso de ter este libro e de botarlle unha ollada. O que Marina fai é establecer un paralelismo entre o noso sistema educativo e  un vello e enorme dinosaurio, un diplodocus. Despertad al diplodocus é un libro que propón directrices para promover o cambio educativo que comparto co seu autor: unha ciencia que apoie e reforce o traballo dos docentes, subir a nota de corte e mellorar a carreira universitaria e revisar constructivivamente o traballo dos mestres actuais entre moitas cousas. Este último punto incomodou a un sector do profesorado. Eu non teño nada que esconder, podería emitir por streaming as miñas clases e síiiii gustaríame moito que un experto  aportase melloras á miña praxis diaria. Ningún doutor opera só, porque os mestres sí??? Para mín, un libro inspirador.

Sin título

Elogio de la educación lenta:

O seu autor é Joan Doménech. Cercano, directo, inspirador e moi centrado nos problemas actuais, desenvolve a idea de cómo a sociedade actual, competitiva e sen escrúpulos, inflúe no sistema educativo plantexando uns temarios non só superextensos senón non adaptados en ocasións, á idade e ao nivel evolutivo dos nen@s. Outro mal do que adoece o noso sistema educativo e que Doménech sinala no seu libro é a aceleración de procesos vitais e de aprendizaxe como sucede coa lectoescritura na etapa de educación infantil.

La ética en el pensamiento y la obra pedagógica de Loris Malaguzzi:

Intentei rematalo dúas veces e sempre puido conmigo pero hai algo nel que me entusiasma. Alfredo Hoyuelos foi alumno de Loris Malaguzzi fundador e iniciador de la metodología educativa de las Reggio Emilia. É un libro pero que merece a pena.

El primer septenio:

Outra das xoias da coroa. Un libro de Rudolf Steiner pedagogo fundador da pedagoxía Waldorf. A miña irmá traballa na escola Meniñeiros de Friol (Lugo) e por iso teño acceso a esta bibliografía. Aínda que é unha visión moi diferente da evolución do nenos de 0-7, sen dúbida amplia a visión de calquera mestre.

Rincón a rincón:

Sen dúbida é o libro que máis consulto. Grazas a él, comprendín o que son realmente os recunchos: como organizalos, preparalos e como planificar propostas para os meus pícaros. O libro primeiro explica o funcionamento dos recunchos e despois desglosa un a un cada u dos recunchos máis típicos das clases: plástica, experimentos, matemáticas, xogo simbólico… Unha marabilla!!!!!

Matemáticas activas:

Este libro cambiou a miña visión das matemáticas na educación infantil. Cando comezas nisto, todo o baseas en aprender 1,2,3… ou traballar as formas coma si os nen@s foron idiotas. Con este libro entendes a importancia de aprender matemáticas facendo, medindo, saltando, unindo, clasificando, seriando pero sempre cun sentido.

 

Psicoanálisis de los cuentos de hadas:

Clásico entre os clásicos. Defende a ultranza importancia dos contos de fadas. Fai moito tempo que o lín, é un libro moi denso e complexo que de seguro non te deica indiferente.

El aprendizaje de la lectoescritura desde una perspectiva cosntructivista:

Foi en Madrid cando tomei contacto coa aprendizaxe da lectoescritura dende unha perspectiva constructivista. Dende aquela pasaron moitos anos e este libro e o volume II son sen dúbida dous libros superprácticos que aportan moitas ideas.

Hijos en Libertad:

Se tropezase cunha lámpara marabillosa e puidese pedir un desexo de mestre, sería retroceder no tempo e vivir un ano en Dorset (Inglaterra) e coñecer de cerca a este pedagogo. Teño que ser sincero, non creo que se vexa nada da súa influencia nas miñas clases, pero sen dúbida é das pedagoxías que máis me inspiran.

Jugar, cantar y contar:

Este libro leva conmigo dende o inicio. Fai pouco regaleillo a unha amiga miña que tamén é mestra. É un tesouro, unha marabilla que sempre atoparás na miña clase.