Sobre este blogue


basiO meu nome é Basi, son de Lugo aínda que agora vivo en Ortigueira. Levo catorce anos traballando como mestre de educación infantil. Actualmente traballo no CEIP Plurilingüe de Covas, en Viveiro.

Neste blogue atoparedes as miñas ideas, soños, cabreos, anhelos, frustracións, desexos, reflexións… Porqué? Por que é necesario falar de educación, por que as cousas teñen e están a cambiar, por que xa está ben de ocultar as grandes cousas que se fan na escola pública, por que temos que comezar a valorar á nosa profesión, por que non podemos esperar máis tempo a que os políticos cambien as cousas, o cambio en educación ten que vir de abaixo cara arriba e  por que en educación temos que visualizar as Comunidades de Cambio e contar o que facemos nas nosas aulas moitos mestres aos que nos gusta o noso traballo.
Non son un gurú da educación, nin un super mestre, nin alguén que marque tendencia. Son un profe que se deita cada noite reflexionado sobre o que fixo ese día e pensando o que fará á mañá seguinte. Son un profe que ano a ano, intenta mellorar a súa práctica educativa e son unha persoa que sigue querendo cambiar o mundo e que a forza de golpes entendeu que pequenas accións cambian as cousas.
Agardo que vos guste!!!!!
WhatsApp Image 2017-07-24 at 00.01.23