A descomposición de números é unha das principais actividades que os nen@s deben realizar paralelamente ao descubrimento dos números. Para poder desenvolver o cálculo mental é necesario, case imprescindible, que os peques podan tanto compoñer ou sumar números como realizar o seu proceso inverso que é descompoñelos.
Para afrontar con éxito as sumas e as restas é fundamental a descomposición de números . Esta descomposición debe ser manipulativa, apoiándose en materiais que os nen@s de infantil podan mover e recolocar.
Hoxe comparto con vós esta actividade que eu realizo con meus nen@s de cinco anos. En internet chámanlle “A casita dos números” e forma parte do paquete de actividades ABN. Os peques practicarán a descomposición de números e observarán dun xeito moi visual como un número ten diferentes descomposicións.
Existen moitos xeitos de realizar esta actividade. Na miña clase, os nen@s tiran un dado e escriben o número no faiado da casita. Despois collen tantas pezas como o número do dado e van descompoñendo ese número ao longo dos pisos da casita. Na páxina de Actiludis atopei a seguinte plantilla utilizada por outra mestra de infantil. Como vedes utiliza casitas diferentes segundo o número que toque.
Hai moitas actividades e materiais diferentes para traballar a descomposición do número. Na anterior entrada faleivos do xogo “Apagando lumes” pero na rede atoparedes moitos máis.