
Expo Robot 2016
Ao longo desta semana, todo o colexio e en especial as familias da miña titoría tiveron a posibilidade de ver Expo Robot 2016. Como xa saberedes, ao longo deste segundo trimestre os peques da miña clase e máis eu fixemos un proxecto de traballo sobre robótica. Para finalizar a investigación decidimos facer uns prototipos debuxados en papel e despois levalos á realidade con materiais de refugallo. Como bos investigadore/as decidimos compartir cos demáis parte do noso traballo e por iso xurdiu: Expo Robot 2016.

Á dereita de todo: robot fotógrafo e robot cociñeir@
Previamente á exposición, cada nen@ elaborou o seu robot, cubriu unha ficha “técnica” e contestou ás preguntas do profe sobre o seu deseño. Como vedes nas imaxes, ao carón de cada robot atopabas a ficha técnica e un código QR que enlazaba cunha páxina de ivoox onde subín os audios das entrevistas.
Aquí vos deixo coas imaxes da expo. Espero que vos gusten!!!!

Fotógrafo -Paseador canino- Defensor de científico@s

Paseador canino- Repele insectos do xardín- Robot autocaravana- Defensor de investigadores

Recolle clases- Médic@- Enfermeir@- Podador de árbores- Robotbici