Aló van os primeiros días no meu novo colexio, o CEIP Plurilingüe de Covas en Viveiro. Pasados os nervios iniciais propios de comezar nun novo centro, comecei cunha das primeiras tarefas ás que se enfrenta un mestre de infantil, a organización espacial da súa aula.
Moitas persoas (normalmente alleas á docencia) non me cren cando lles digo que dá moito traballo organizar e preparar unha aula de infantil. . O peor é cando os propios mestres non lle damos a suficiente importancia a este momento. Cando falamos do espazo dentro da organización da aula, referímonos a algo máis que a un contenedor de persoas e materiais. O espazo non é neutro nin inocuo. Todo o que nos rodea inflúe en nós e comunica unha mensaxe ás persoas que vivimos nel.
Este ano estarei cunha clase de nen@s de cinco anos. Nesta entrada contareivos como organicei e porqué a miña aula de infantil.
Penso que moit@s coincideredes conmigo. Cando entramos nunha aula e vemos cómo está disposta, facémonos unha idea de cómo traballa o mestr@ que alí “mora”. Poderíamos aplicar aquelo de “dime cómo tes organizada a aula e direiche qué clase de mestr@ es”. Por suposto sempre hai excepcións pero a organización da aula está intimamente relacionada coa praxis e a metodoloxía do docente. Vou máis alá, a colocación das mesas e das sillas expresan o rol do docente e dos seus alumn@s. Vexamos algúns exemplos:
A “aula maxistral” é a aula que coñecemos tod@s da nosa infancia. Penso que me quedo curto se digo que o 90% dos docentes a seguen a usar, sobretodo en primaria e secundaria. Todo o alumnado mira hacia un lado da clase onde se atopa o máis “importante”, o ser supremo da sabiduría… google? non, home non, o profesor/a. Normalmente sós ou en parellas se teñen sorte, o alumnado só escoita ou contesta ás preguntas do docente. Así cinco horas diarias. Sobretodo en primaria e secundaria, aínda que tamén se ven en infantil. É o máis parecido á sala dunha fábrica.
“Aula en U”: é unha organización parecida á anterior. O docente segue no seu rol de ente principal do aprendizaxe pero potencia ou facilita (moi pouquiño) a comunicación entre o seu alumnado. Non se ven moitos casos, pero como as bruxas “habelas hailas”. Coñecín exemplos de clases en U utilizados por mestr@s aos que lles gustaría organizar a aula doutro xeito pero a “presión” do resto de compañeir@s é moi forte.
“Aula organizada en equipos”: esta organización non implica facer TRABALLO COOPERATIVO pero sen dúbida é a idónea. O alumnado interactúa entre sí e pode cooperar e intercambiar ideas. O docente adopta o rol de facilitador do traballo, mediador e creador de intereses. O alumnado é o dono da súa propia aprendizaxe que xurde da interacción cos demáis compañeir@s. Na imaxe vedes que ademáis pódense incluir recunchos de traballo. En infantil é máis doado atopar este tipo de organización. En primaria por sorte comezan a verse cada día máis casos.
“Aula organizada por recunchos”: é sen dúbida a organización típica dunha aula de infantil. Fomenta a autonomía, a comunicación e capacidade de decisión. Respecta a necesidade de movemento do nen@ e ofrece a posibilidade de trocar de actividade respectando a limitada capacidade de atención dos nen@s destas idades. O mestre pode estar en mil sitios á vez xa que os recunchos teñen actividades planificadas para ser realizadas autónomamente polo nen@, permitindo a posibilidade de interactuar con tod@s os peques.
CÓMO E PORQUÉ ORGANICEI A MIÑA AULA ESTE ANO?
O primeiro que fago é ter en conta o número de nen@s e a súa casuística persoal e como grupo. Non é igual comezar ciclo con eles en tres anos que collelos en cinco adoitados a outro xeito de traballar. Non é igual traballar por proxectos que ter o método dunha editorial. O tamaño aquí sí que importa 😉 e ter unha clase amplia, ben orientada e iluminada é un agasallo dos deuses. Para este curso teño 20 nen@s, cadernos de lectoescritura e mates (utilizados pola anterior mestra) e diferentes niveis de traballo como soe pasar nas clases de cinco anos.
A miña proposta para este curso 2016/17 no que incumbe á organización da aula é:
- Organización da clase por recunchos de traballo para fomentar a autonomía, comunicación e iniciativa dos meus peques.
- Mesas en equipo para realizar parte do “ficherío” utilizando traballo cooperativo. Deste xeito tod@s aprenderán de tod@s.
De seguido podedes ver un plano da miña clase (non está a escala 😉
- Cinco mesas que farán dobre función segundo o momento do día: traballo individual ou en equipos de cooperativo e noutros momentos mesas para xogar nos recunchos.
- Oito recunchos de xogo: PLÁSTICA, LETRAS, MATES, XOGO SIMBÓLICO, CONSTRUCCIÓNS, TIC, BIBLIOTECA E EXPERIMENTOS. O aforo de cada recuncho é diferente.
- A asemblea ten un lugar fixo nesta clase xa que conta cun corcho pegado ao chan diante dunha pizarra tipo “vileda” onde se proxecta o canón de vídeo.
CANDO SABEREI SE FUNCIONA BEN ESTA ORGANIZACIÓN DE AULA???? A VINDEIRA SEMANA CANDO EMPECE O COLE!!!