Fai unha semaniña que coñecín esta iniciativa. Ubuntuland nace co obxectivo de visibilizar no ámbito escolar a diversidade racial e étnica que conforma a nosa sociedade de hoxe. Unha diversidade que cecais é pouco visible nos medios de comunicación, libros, cine, xoguetes…ou material escolar.
O proxecto Ubuntuland aboga por unha escola na que as diferencias e a diversidade véxanse como riqueza e inspiración. E creen nunha escola como un dos principais motores de cambio. Por iso pretenden visibilizar nas aulas esa diversidade para a construción dunha sociedade máis xusta e armónica.
De ahí xurde a idea de facer unha campaña de crowdfunding “Pintemos los colores de la piel” buscando a alianza coas familias, educadorese o conxunto da sociedade para conseguir que os lápices cor carne de Ubuntuland estean no maior número de colexios de España como material escolar básico para o curso 2016-2017.
Se queredes contribuir a este proxecto podedes facer unha micro aportación que xunto a outras podan axudar a facer realidade este proxecto.
de qué cor é a carne? (preme para visitar a páxina)