Non recordo en que momento coñecín este material pero a súa realización e as gañas de levala á aula dévollos á miña compañeira Bea, que me meteu o gusaniño no corpo e me contou, paso a paso, como facela eu na casa.
As mesas de luz están inspiradas no enfoque pedagóxico Reggio Emilia onde as utilizan nen@s dende o ano e medio. Reggio é unha experiencia educativa que naceu a mediados do século pasado no norte de Italia, nunha cidade chamada Reggio Emilia. Actualmente é recoñecida mundialmente como unha das mellores propostas educativas para a primeira infancia. O nen@ como protagonista, o docente como guía e posibilitador de experiencias, o espazo como un terceiro mestre e a colaboración das familias son os eixes fundamentais deste enfoque pedagóxico.
- Xogo libre (comezo polo importante).
- Traballo da parte artística e creativa do noso cerebro.
- Gran recurso para traballar ciencia, matemáticas, xeometría…
- Traballo da capacidade de observación, exploración e de atención.
- Traballo da lectoescritura, creación de contos, mates, linguas…
- Gran estímulo sensorial, potenciando a creación do que os expertos chaman espazos multisensoriais.
De seguido paso a enumerarvos o material que precisei para a súa construción:
- Unha mesa Latt de Ikea.
- Luces led. Eu merquei este modelo en amazon: Jago 3528RGB – Tiras de luces (300x LED, con 24 teclas de control remoto. (AQUÍ)
- Unha táboa de metacrilato branco translúcido (merqueino na cristalería do meu pobo)
- Pegamento rápido ou cola.
PASO 1:
Montas a estrutura da mesa seguindo as instrucións do fabricante sen insertar o panel que fai de táboa.
Si seguimos as instrucións orixinais, o panel que fai de táboa vai encaixado nun riel. Nós invertimos as posicións, a táboa vai debaixo clavada cunhas puntas pequenas á estructura. A táboa fará de soporte para colocar os led. Temos que deixar un dos laterais do rectángulo sen clavar (un dos lados longos). Máis adiante colocaremos dende ese lateral o metacrilato.
PASO 3:
Facémoslle un burato á táboa de madeira ao carón dunha das patas. A través do burato sairá o cable do alimentador dos led e o sensor do mando a distancia.
PASO 4:
Pegar ao lateral da mesa o alimentador dos led (eu utilicei cinta de doble cara grosa). Pegar os led facendo unha serpe. Unha vez colocados, reforzar os xiros con cola ou pegamento rápido. Comprobar a instalación antes de pechar a mesa.
PASO 5:
Separar o lateral da estrutura da mesa que deixamos sen puntas e insertar dende alí a lámina de metacrilato. Unha vez dentro, colocar de novo o lateral e poñer as puntas que faltaban. Xa temos mesa de luz!!!!
A mesa Latt trae ademáis dúas sillas que un superneno de cinco anos pode montar!!!
A mesa que vedes nas imaxes quedou en Lugo. Agora teño que atopar tempo para construir a miña que levarei á miña clase. Estou a preparar un recanto moi especial dentro da aula para colocala e que os meus peques de Covas podan disfrutala a tope. Crearei unha pestaña nova nesta páxina web onde colgarei actividades para facer coa mesa de luz.
Xa non hai escusas!!!! Na escola pública tamén podemos ter material creativo e divertido!!!!!