Despois da marcha de Frida Kalho, o recanto de arte quedou uns días tristón e valeiro. Entón acordeime dunha artista que traballaron neste trimestre na Escola Infantil San Roque onde aprendín moitas cousas ademáis de robótica. O seu nome é Yayoi Kusama e hoxe falareivos da súa influencia e das actividades que fixemos vendo a súa obra.
Yayoi Kusama (草間 彌生 o 弥生 Kusama Yayoi?, naceu no ano 1929) é unha artista e escritora xaponesa. Ao longo da súa vida traballou cunha gran variedade de medios: pintura, collage, escultura, arte performance e instalacións. A meirande parte da súa obra mostra o seu interese temático pola psicodelia, a repetición e os patróns. Precursora dos movementos do arte pop, minimalismo e arte feminista, influenciou a sus contemporáneos, Andy Warhol y Claes Oldenburg. (Wikipedia)
Unha das primeiras cousas que gustou aos nen@s foi a cor dos seus traballos así como o uso dos lunares. Así que tod@s, incluídos o profe quixemos probar sorte, utilizando diferentes soportes e materiais:
- Pinceis.
- Os dedos.
- Gomets.
- Témpera.
- …
Outro dos aspectos que máis impresionou aos nen@s foron as súas instalacións. Chegar ao nivel dunha artista deste nivel, evidentemente non é o obxectivo, senón xogar coa idea de fondo que tivo a artista. Na seguinte instalación a idea de cubrir toda a clase de gomets, era moi atractiva pero inviable, así que decidimos facer algo máis asequible.
A decoración dos pratos e dos vasos de plástico soupo a pouco, así que ao final buscamos algún recanto na clase para transgredir os límites formais. Así que despois de ver a imaxe que segue, acordamos decorar o panel de exposicións de arte que temos na clase. Agardo que guste!!!!!