
COLOREA O CASTELO QUE MÁIS CHE GUSTA E EXPLICA PORQUÉ.
Estamos a piques de rematar o proxecto dos Castelos. É venres e atópome con esta ficha: “Colorea o castelo que máis che gusta e explica porqué”. Lín en alto o enunciado e mirei para os meus nen@s. Teño diante vinte mentes creativas e o traballo de hoxe é escolle entre catro castelos e dí porqué. Un deles dixo: Chupao profe!!!
Mentras facían o que a ficha dicía pensei: teño que sacar máis proveito disto. Que podo facer?
- Púxemos en común as eleccións de cada nen@.
- Anotamos no encerado as votacións.
- Contamos as opcións máis votadas (dous dos catro castelos)
- Fixemos dous equipos e reconstruímos con material da aula os dous castelos máis votados.
Recordo unha festa das Letras Galegas no cole de Ortigueira. Cada titoría acompañada do seu titor rotaba por diferentes estacións onde rapaces e rapazas do IES nos ensinaban xogos tradicionais. Nunha delas atopamos peóns, moi complexos para os nen@s de infantil. Por diante, dez minutos ata o cambio de estación. Unha campañeira e mais eu buscamos unha solución alternativa. Facer equilibrios co peón utilizando diversas partes do corpo. O profe do instituto que coordinaba a actividade disculpouse por non traer peóns adaptados aos peques de infantil e lle dixo ao rapaz desa estación: xa viches, un profesor ten que tirar de creatividade.
Escoito nas escolas dicir a moitos compañeir@s, “eu non son creativ@” “a mín non se me ocorren actividades así”. A creatividade é a capacidade de xerar novas ideas ou conceptos, de facer novas asociacións entre ideas e conceptos coñecidos, que normalmente producen solucións orixinais. Son sinónimos o “pensamento orixinal”, a “imaxinación constructiva”, o “pensamento diverxente” ou o “pensamento creativo”.
A creatividade estimúlase, trabállase e exercítase. Só precisamos rodearnos de bos exemplos sexa no colexio ou na rede e por suposto crear as condicións para que iso ocorra. E para mín, é imprescindible soltar ese lastre tan pesado e costoso que son os métodos: libros, cadernos de traballo, etc…
Deixa todo de golpe ou segue pedindo algún libriño mentras non colles práctica e soltura pero créeme que é posible. O importante é entender, e iso é o máis difícil, que os nen@s son os donos dos seus aprendizaxes, ensínalles a facerse preguntas e o demáis virá só.